Hai anos estiven en Montevideo, convidado a tremenda paparota nunha suntuosa mansión por un señor que polo que me contaban era carguito de Herri Fragasuna para temas de pesquerias.
Eran visperas electorais é a entrada do acto outros señores pedíannos, non me acorda con que excusa, o pasaporte. Os agradecidos paisanos emigrados, nen chistaban e algúns deles ían cara unha fotocopiadora. Outros excusaban dicindo que xa llo entragaran ou entregarían a Don Zutanito
Este que escrebe, indinado, largouse daquela kermesse.
Sendo presidente da mesa eleitoral, recoñecín o voto dun dos convidados que achegaba co seu voto un cheque nominativo... a nome de Francisco Franco. Tanzania, sí señor, ¡¡¡Tanzania!!!
Querido Quin, en Tanzania?
Como te supoño unha persona lida...
se non:
es.wikipedia.org/wiki/Gobierno_y_pol%C3%ADtica_de_Tanzania
Trátase dunha República constituida no ano 1964, uns anos antes que a nosa monarquía parlamentaria (xa se me esgotaron as maiúsculas) na que...
Moi aconsellabel ler o artigo señor Quin!
Se non, mirar por outras fontes...
Iste é un tema que a calquera demócrata debería entristecelo, cando non abraialo.
Ímos ver.
1º. Xa é cuestionable que poidan votar persoas que descoñecen en gran medida (e parece ser que non son poucas as que están nesta situación) a realidade social, política, económica e cultural da Galiza. Persoas que hai moitos anos que, polo motivo que sexa, non tiveron ocasión de estar entre nós e que simplemente queren trocar o seu voto por algún que outro, digamos, "agasallo" (loxicamente acepto a existencia de voto consciente e libre neste colectivo, aínda que semella que é minoritario).
2º. Que, se despois dun debate sosegado e aberto, se decide que efectivamente os residentes ausentes (algúns no pasado estaban tan ausentes que moraban na paz perpétua) poden votar, porque se chega á conclusión de que abonda con que os seus ascendentes fosen orixinarios da nosa terra, un elemental sentido da participación cívica e democrática indica que deberían facelo con todas as garantías, é dicir identificándose convenientemente e depositando o seu voto, libre, consciente e informado, na correspondente furna.
3º. Os partidos que ata o de agora tiveron responsabilidades de goberno no Estado ben puideron, de interresarlles e preocuparlles o tema, facer a correspondente modificación na lei electoral. Por qué non o fixeron? A resposta, por sabida, non está precisamente no vento.
4º. É claro que este sistema tende a beneficiar o voto cara o partido que detenta o poder en Madrid e, no seu caso, aínda que con menor marxe de maniobra, en Santiago (estatísticas cantan).
5º. O PSOE parece ser, a xuzgar pola reacción que está a ter a propósito da medida, por outra parte elemental e a destempo (por qué non o tiveron tomado en tempos do Patron?), que remata de tomar a "Junta" electoral central, que desexaría seguir co mesmo sistema que facilita, por falta de garantías (hai que lembrar que se podería votar sen identificar ao votante¡¡), o fraude. Eles saberán por qué. En todo caso que o partido de Pablo Iglesias, Besteiro e Largo Caballero defenda esta postura é algo, cando menos, preocupante.
6º. O BNG ten neste tema un auténtico filón. Ben usado debería servirlle para conquerir réditos electorais. Pero tamén o obriga a que efectivamente siga a loitar para que se democratice o sistema de participación para estes electores. Consecuentemente un dos puntos irrenunciables de calquera futuro pacto e/ou acordo de goberno pasa por este fielato.
7º. Dirixentes socialistas xa anuncian que, de continuar a medida adoptada pola "Junta" electoral central, impugnarán resultados e presentarán recursos naquelas mesas electorais onde se acumulen votos da emigración non computables por non cumprir estas mínimas garantías. Estaría bó que os resultados das eleccións fosen provisionais durantes semanas e fosen cambiando en función de resolucións xudiciais. Daquela o espectáculo e o esperpento estarían garantidos.