Sobre a creación do Instituto de Crédito Galego

15 de novembro de 2008

A crise obríganos a tomar medidas valientes. A inxección de diñeiro público ao sistema financeiro non é unha medida suficiente e mesmo pode ser contraditoria. O que temos que facer dende Galiza, utilizando o autogoberno, é crear o Instituto de Crédito Galego, coa participación do Goberno e das entidades financeiras, dun portelo único onde a xente poida buscar axudas e crédito para crear empresas e sacar adiante a nosa economía. É unha proposta que convén debatir democraticamente, mais alá de polémicas derivadas da propia proposta.


1484 veces visto

Categoria: Hai que dicilo

Gustalles a: 9 usuarios

Data de subida: 15 de novembro de 2008

Dura: 3:26

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

1 comentarios

maq 17 de novembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.91
O Instituto de Crédito Galego prestaría Servicios bancarios as persoas e empresas en xeral?...

Paréceme entender que non, pois interpreto que coma tal sería un centro de axuda e posiblemente de vixilancia respecto os bancos...

Penso que a crise está provocada pola operativa dos bancos, polo que, ademais do Instituto, habería que votar man deles... Supoño que non lle repugna a idea da súa nacionalización (Eu me pregunto: Estaríamos nesta crise si a banca fora pública?) pero supoño tamén que de momento, eso só pode ser una utopía... Pero neste pais tiñamos unhas entidades que dalgunha maneira creaban un referente que evitaba (competindo con eles) que os bancos se desmedrasen: A banca oficial e as Caixas de Aforro.

Así pois falar de nacionalización, cando o pouco que había se privatizou, e un pouco iluso, non?...

En canto as Caixas de Aforro, nacidas para combater a USURA (derrogada como delito no 2003) fomento de aforro e economía popular, contribuír o desenrolo da empresa local e fomentar e vivenda económica, evolucionaron ata que a súa operativa non se diferencia da banca privada. As caixas estaban gobernadas por representantes dos concellos e deputacións, o que, se ocorrese agora, serían os representantes elixidos polos cidadáns... En lugar diso modificáronse os seus estatutos, polo que a maioría nos seus consellos se ostenta (teoricamente) polos representantes dos CLIENTES elixidos por SORTEO... (Iso e a democracia que teñen) dándose a curiosidade que a pesar de elo, e frecuente que a SORTE faga que resulten elixidos algúns que xa o eran.

Así, cando menos, sería bo recuperar a Banca Oficial (que sería máis doado de que cumprira con boas practicas bancarias) e as Caixas foran gobernadas por quen lles corresponde: os elixidos polo pobo, ou cando menos, se democratizara o actual sistema de elección dos seus conselleiros.

Sabe que dende o mundo cooperativo estanse a facer esforzos para conseguir se poñan en marcha entidades de crédito baseadas nos principios de Banca Ética?...

Non sería bo coordinar esforzos en vías pra resolver o problema de fondo, que é o exceso de poder da Banca, que condiciona todala economía e vida de tódalas persoas?...

Quizá alguén debería contar a verdadeira historia do mundo financeiro, os seus recovecos e as súas armas, que tan acogotados teñen aos políticos...

Poderiase iniciar un debate, según o que vostede propon no video, respecto a ista via...

M.A. Quinteiro.
669781006
 
ANS