Vai haber saúdos de xente de esquerdas?
Dereitas, esquerdas e centros. A política é cada vez máis cuestión de números, ou debería selo. Se a Galicia lle interesa máis un goberno coma o de Touriño que arranca a lexislatura coa lei de altos cargos traizoando así a todo-lós seus votantes progresistas, pois vale. Ou Paco Vázquez que facía política de ultradereita para pescar en augas do PP. Non me interesan as etiquetas, e as bandeiras, coma os xornais, que sexan de papel para poder envolver o bocadillo. So as accións de goberno eficaces que teñan repercusións reais na cidadanía son as que mobilizan o meu voto. As ideoloxías debería ser como as crenzas: irrenunciables. Pero ambas, neste planeta numérico, mudan para loitar contra os "putos" chineses. Deixe vostede que eu escolla votar ao PP se vai ser mellor para Galicia, ou pedir ao BNG un pacto que non sexa con falsos progresistas: o pacto da impotencia, da capitulación asumida antes de iniciarse a loita.
Si, si.."o fin das ideoloxias", xa sei de que vai o conto, ou senón como dicia Sazatornil "yo apolítico de derechas de toda la vida, como mi padre". Esta é a deriva que nos espera na Galiza? Espero que non. E non se preocupe, deixo-lle a vostede que faga os balanzos contábeis que estime oportunos...
Estas saudações de gente doutros países estão bem. Eu proponho às pessoas que trabalham neste videocaderno que acrescentem as videosaudações com representantes de formações políticas doutras nações, não só daquelas que estão no Estado espanhol, a começar por Portugal. É uma sugestão feita com a melhor das vontades que espero que seja considerada.
Mais uma vez, parabenizo o excelente trabalho da equipa que trabalha neste videocaderno e o do BNG no seu conjunto.
Saúde e reflexão.