Presentación da Rede Galega de Centros de día de Alzhéimer

22 de setembro de 2008

O sábado presentamos na Casa do Mar de Vigo a Rede Galega de Centros de día de Alzhéimer, coa apertura de 6 centros máis en toda Galiza. No noso país hai máis de 50.000 persoas diagostidacas con esta enfermidade, que tamén afecta aos seus familiares, coidadores informais dedican un promedio de 73,5 horas semanais ao coidado destes doentes. A nosa rede de atención aos enfermos é pioneira no Estado.


784 veces visto

Categoria: Día a día

Gustalles a: 14 usuarios

Data de subida: 22 de setembro de 2008

Dura: 4:22

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

3 comentarios

Andrés Milleiro 23 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 10.08
Xa teño resposta á pregunta "¿E que carallo fixeron coa Lei de Dependencia?" cando cheguen as eleccións o ano que ven :D
maceirax 24 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 4.33
Na miña opinión o Sistema Galego de Benestar marcou un fito histórico e irreversíbel da xestión das políticas feitas para o pobo galego. Todo o que se faga no futuro a nivel de servizos sociais só pode encamiñarse a completar a oferta integral creada nestes catro anos e a ampliala para seguir subsanando as súas deficiencias históricas.
E este fito, esta "guía no tempo" máis que atribuíbel á concepción de xestión política que ten o BNG, amigo Milleiro, non ten nada que ver coa próxima cita electoral. Porque quen gañe os ditos comicios, sexa quen sexa, se racha con esta liña deberá dar moitas explicacións aos galegos.
Licorka 25 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 5.17
A rede que está a tecer o Bloco co Sistema Galego de Benestar é absolutamente necesaria, habería que preguntarlle ás outras forzas políticas que fixeron en materia de Benestar mentres gobernaron.
Que a xente perciba e entenda o alcance das políticas de Benestar, de Vivenda, Industria, Medio Rural e Cultura é un dos reptos máis importantes do BNG até a fin de lexislatura.
 
ANS