Polo rearme produtivo do sector pesqueiro

20 de febreiro de 2009

Estivemos na Illa de Arousa para coñecer como se leva a cabo a extracción do mexillón, percorremos en barco a ría, visitamos unha batea e puidemos falar coa xente das confrarías de artes menores de Galiza. Quixemos presentar alí as nosas propostas para o sector pesqueiro, que pasan por un auténtico rearme produtivo e a reclamación de competencias para rematar co Apartheid ao que ten sometida a Unión Europea a Galiza en materia de pesca.

Nesta categoría

Visita á Torre de Hércules

26 de febreiro de 2009

Queremos máis deporte

19 de febreiro de 2009

A cultura que move este país

18 de febreiro de 2009

Xantar-mitin encontro coa mocidade

16 de febreiro de 2009

Inicio da campaña electoral

13 de febreiro de 2009


1183 veces visto

Categoria: Día a día

Gustalles a: 7 usuarios

Data de subida: 20 de febreiro de 2009

Dura: 4:16

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

3 comentarios

Yolinardemarsur 21 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.99
Penso que sendo Galiza unha zona costeira, onde tres das catro provincias limitan co mar deberiamos pensar mais nel, deberiamos explotar os portos pesqueiros para facilitar o traballo dos mariñeiro, eu persoalmente coñezo o porto de Baiona e está repleto de embarcacións de recreo, que tamén está ben porque o turismo da diñeiro, pero penso que o mariñeiro está moi abandonado, falo como fillo dun que o foi toda a vida. Galiza debería ser pioneria nesta area.
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
quinte 23 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 3.95
Penso que se está procedendo a unha nova maneira de explotar as nosas rías e litoral, empregando técnicas de cultivos mariños. Pode ser, sen dubida, unha boa maneira de obter beneficios do mar, pero a min paréceme que se esta facendo cos peores métodos:

Grandes inversións financeiras, poucos postos de traballo, tecnoloxías orientadas unicamente o máximo rendemento financeiro sen preocupación polas entornas naturais e sociais...

Creo e preciso normalizar as concesións de explotacións, baixo os seguintes conceptos:

Finanzamento público, orientada a favorecer non só unha recuperación do capital e capitalización dos beneficios, senón pensada para un desenrolo económico das persoas, dos pobos e respectando os entornes naturais.

Tecnoloxías próximas as maneiras artesanais, fuxindo da tabulación de especies en recunchos reducidos e fora do entorno propio de cada especie, o que supón menos man de obra, mais tratamentos fitosanitarios, que con unha alimentación forzada e moitas veces inadecuada, resulta moito mais caro que a man de obra que se aforra, supoñendo menos calidade do producto e mais deterioro do entorno.

Estudio e valoración do uso de bateas de fondo, arrecifes artificiais, preparación de hábitat axeitados as especies autóctonas, conxugándose co deseño de novas artes extractivas mais eficaces en canto menos danos colaterais e unha mellor conservación das especies.

Propiedade colectiva das explotacións, para aquelas persoas que pola súa profesión ou proximidade, podan participar no proceso.

Tutela da administración, garantindo a calidade dos productos, a transparencia dos intermedarios, e os dereitos das persoas.

Non esquezamos que a extratexia da “industria” basease non só no beneficio da súa actividade directa, senón tamén dos rendementos que lle saca contratando outros servizos que de algunha maneira van a engrosar os beneficios dos que poñen o capital. Así os gastos laborais se substitúen por gastos en alimentos prefabricados. Os salarios benefician os traballadores, a merca de pensos beneficia a unha empresa que rende dividendos a quizá o mesmo financeiro que puxo en marcha a explotación.
 
ANS