A abstención é o aliado do PP.Hai que ir a votar!
Respostemos nas urnas á campaña difamatoria do PP e da súa Voz! Que non queden nin un voto na casa!
SI é a chave de ouro milagrosa que abre a Galicia as portas do porvir. Pra que sea unha Democracia Social, Campesina e Mariñeira rexida por si mesma nun réximen de cibdadanía civil e civilizada. Pra que sea unha Democracia económica en que cada traballador perciba o producto íntegro do seu traballo. Pra que sea unha Democracia cultural aberta a todos os cerebros e a todos os espritos aptos pra gozala, agachados nas capas máis homildes do Noso pobo. Pra que en Galicia frolezan estes bens, que son aspiración eterna da Humanidade, hay que votar: SI.
RAMÓN SUÁREZ PICALLO, El Pueblo Gallego, 28-VI-1936.
Un SI ao Bloque Nacionalista Galego!!!
Eles están preparados.
E nós?
Penso que tamén.
A batalla democrática está en marcha. Agora ninguén pode quedar sen ir votar. Cómpren todos os votos.
Despois da campaña que fixeron é o momento de que teñan unha contundente e democrática resposta.
Maña todos somos Anxo Quintana.
Pola democracia, por Galiza e contra os caciques.
O día un de marzo, os galegos e galegas de ben, non quedaremos na casa.
eles unense sempre nos tempos que lles son propicios pra eles, e nos soamente cando temos algunha desgracia, mais nom debemos ser unha soa voz frente a eles galiza debe ser por enriba de todo o primeiro.
aparquemos as diferenzas de pensamente e fagamos causa comun Galiza e o primeiro.
sempre en Galiza
GALICIA NO ES NAZI-ONALISTA ¿OS ENTERAIS?
Que día máis triste este, que mal sabor de boca.Non podo creer que voltemos a outro goberno do PP.4 anos nos esperan de goberno de dereitas, despois de 16 de Fraga.Que triste...
Galiza non consegue nada bó, pese a moitos que a queremos mais ca nada a pesar de todo.oxalá os galegos pensaran mais no presente, e votaran a democracia e non a dictadura.
Abraiante o que di Joaquim. Un que afirma que non votou ao BNG pide explicacións pola derrota!
Estou flipando ao ver que se censuran comentarios ,e vexo que o meu tamén correu esa sorte.Só pedía unha actualización de contidos despois das eleccións.Pero vexo que o servicio post venta de quin.tv deixa moito que desexar
E non será que ti mesmo borraches o comentario sen querer? Como se pode comprobar, aquí non se adoita censurar nada que non sexa insulto, calumnia ou provocación. Proba a escribir o teu comentario outra vez, se cadra...
Ánimo!isto ten que darnos máis forzas.
Joaquim, como tes o valor ver aqui exisindo nada, cando ti eres o primeiro falso que nos fallou. ESto é incrible.
É unha mágoa que catro anos de esforzo se esfumen desta maneira, haberá que aprender dos erros e correxilos. A loita ten que continuar.
Por certo, o que fixo este vídeo en que estaba a pensar: o sol dalle a Quin nos ollos e ten que pechalos, a xente gústalle mirar aos ollos do interlocutor; e logo ese halo que lle puxeron coma se estivera no ceo... foi unha premonición?
Ala, hai que empezar a traballar, que xa perdimos un día laiándonos.
Eu non creo que Anxo Quintana sexa o gran derrotado nestas eleccións, senon que somos todos os galegos os grandes perdedores.Tampouco penso que deba dimitir,iso sería de cobardes e eu votei por un líder, un líder que debe seguir loitando con nós e por nós.Perdemos esta batalla e foi moi duro, pero esta é unha guerra na que lebamos moitos anos e mentres sigamos loitando non estará perdida.Falade galego para dignificar a nosa lingua,ensinádelle os vosos fillos a amar a nosa terra e a que se sintan orgullosos de ser galegos. Esa é a semente que nos fará vencedores.
ashsa, a dictadura é invotable, votase o que se votase o dia 1 de Marzo era democracia igual. Por certo, non van ser 4 anos de dereitas, Feijóo é xoven e perfectamente pode reter o goberno 20 anos.
Me encontro apenado e non e por min senon por Galiza, non entendo como pode gañar unha forza que leva 63 anos no poder en Galiza e nos ten no derradeiro bagon e os galegos voltamos a darlle o mando.
Encanto a situación do BNG non e como pa tirar petardos, maís penso que con dimitir o Sr. Quintana non se amaña nada o que ten que facer e vaixar a rua e estar ca xente día a día, ofrecer os xovenes axuda e estar con eles non so en tempo de eleccións, temos que mirar pola nosa xuventude xa que temos os xovenes maís preparados da historia de Galiza. Sr. Quintana pidoche que sigas loitando e que ofrezas a xente o que a xente quere escoitar e ver, temos que estar no sitio que nos necesiten e tender a man a todos sexa que sexa, sexamos nacionalistas e defendamos a nosa terra maís non viamos encontra de quen non pense como nos. Iso si, non deixar pasar unha o novo goberno, estar sempre atento os trapicheos que no seu día fara e denuncialo, maís con bos modos non sexamos uns tonechos como eles
Animo a todos e xuntos voltaremos a gañar apoios e Galiza gañara.
Xesus