O día 1 non pode quedar ninguén na casa

27 de febreiro de 2009

Estamos a piques de conseguir un resultado histórico para o BNG, pero o próximo goberno deste país vaise decidir por moi poucos votos. É necesario o voto masivo, e dende aquí vos pido que mobilicedes a toda a vosa xente para que entre todos o día 2 poidamos avanzar no cambio que a xente deste país demostrou que quere. Nós tamén queremos máis, e desta vez podémolo conseguir.


7064 veces visto

Categoria: Hai que dicilo

Gustalles a: 22 usuarios

Data de subida: 27 de febreiro de 2009

Dura: 2:00

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

21 comentarios

eneas 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 7.97
A abstención é o aliado do PP.Hai que ir a votar!
Sabrexo 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.80
Respostemos nas urnas á campaña difamatoria do PP e da súa Voz! Que non queden nin un voto na casa!
Samoedo 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.09
SI é a chave de ouro milagrosa que abre a Galicia as portas do porvir. Pra que sea unha Democracia Social, Campesina e Mariñeira rexida por si mesma nun réximen de cibdadanía civil e civilizada. Pra que sea unha Democracia económica en que cada traballador perciba o producto íntegro do seu traballo. Pra que sea unha Democracia cultural aberta a todos os cerebros e a todos os espritos aptos pra gozala, agachados nas capas máis homildes do Noso pobo. Pra que en Galicia frolezan estes bens, que son aspiración eterna da Humanidade, hay que votar: SI.

RAMÓN SUÁREZ PICALLO, El Pueblo Gallego, 28-VI-1936.

Un SI ao Bloque Nacionalista Galego!!!
miguelar 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.53
Eles están preparados.
E nós?
Penso que tamén.
A batalla democrática está en marcha. Agora ninguén pode quedar sen ir votar. Cómpren todos os votos.
Despois da campaña que fixeron é o momento de que teñan unha contundente e democrática resposta.
Gaias 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 7.54
Maña todos somos Anxo Quintana.
Pola democracia, por Galiza e contra os caciques.
Elida 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.29
O día un de marzo, os galegos e galegas de ben, non quedaremos na casa.
juanlorenzo 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.43
eles unense sempre nos tempos que lles son propicios pra eles, e nos soamente cando temos algunha desgracia, mais nom debemos ser unha soa voz frente a eles galiza debe ser por enriba de todo o primeiro.
aparquemos as diferenzas de pensamente e fagamos causa comun Galiza e o primeiro.

sempre en Galiza
RRCC 1 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 1.17
GALICIA NO ES NAZI-ONALISTA ¿OS ENTERAIS?
eneas 2 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 7.13
Que día máis triste este, que mal sabor de boca.Non podo creer que voltemos a outro goberno do PP.4 anos nos esperan de goberno de dereitas, despois de 16 de Fraga.Que triste...
ashsa 2 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.45
Galiza non consegue nada bó, pese a moitos que a queremos mais ca nada a pesar de todo.oxalá os galegos pensaran mais no presente, e votaran a democracia e non a dictadura.
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
Sabrexo 2 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.67
Abraiante o que di Joaquim. Un que afirma que non votou ao BNG pide explicacións pola derrota!
Frank Drebin 2 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.28
Estou flipando ao ver que se censuran comentarios ,e vexo que o meu tamén correu esa sorte.Só pedía unha actualización de contidos despois das eleccións.Pero vexo que o servicio post venta de quin.tv deixa moito que desexar
María 2 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.74
E non será que ti mesmo borraches o comentario sen querer? Como se pode comprobar, aquí non se adoita censurar nada que non sexa insulto, calumnia ou provocación. Proba a escribir o teu comentario outra vez, se cadra...
Pauliña 3 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.78
Ánimo!isto ten que darnos máis forzas.
Ganduxo 3 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.02
Joaquim, como tes o valor ver aqui exisindo nada, cando ti eres o primeiro falso que nos fallou. ESto é incrible.
deesguello 3 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.32
É unha mágoa que catro anos de esforzo se esfumen desta maneira, haberá que aprender dos erros e correxilos. A loita ten que continuar.

Por certo, o que fixo este vídeo en que estaba a pensar: o sol dalle a Quin nos ollos e ten que pechalos, a xente gústalle mirar aos ollos do interlocutor; e logo ese halo que lle puxeron coma se estivera no ceo... foi unha premonición?

Ala, hai que empezar a traballar, que xa perdimos un día laiándonos.
Carneiro 4 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.08
Eu non creo que Anxo Quintana sexa o gran derrotado nestas eleccións, senon que somos todos os galegos os grandes perdedores.Tampouco penso que deba dimitir,iso sería de cobardes e eu votei por un líder, un líder que debe seguir loitando con nós e por nós.Perdemos esta batalla e foi moi duro, pero esta é unha guerra na que lebamos moitos anos e mentres sigamos loitando non estará perdida.Falade galego para dignificar a nosa lingua,ensinádelle os vosos fillos a amar a nosa terra e a que se sintan orgullosos de ser galegos. Esa é a semente que nos fará vencedores.
Dani 4 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 3.87
ashsa, a dictadura é invotable, votase o que se votase o dia 1 de Marzo era democracia igual. Por certo, non van ser 4 anos de dereitas, Feijóo é xoven e perfectamente pode reter o goberno 20 anos.
Lenguelle 5 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.55
Me encontro apenado e non e por min senon por Galiza, non entendo como pode gañar unha forza que leva 63 anos no poder en Galiza e nos ten no derradeiro bagon e os galegos voltamos a darlle o mando.
Encanto a situación do BNG non e como pa tirar petardos, maís penso que con dimitir o Sr. Quintana non se amaña nada o que ten que facer e vaixar a rua e estar ca xente día a día, ofrecer os xovenes axuda e estar con eles non so en tempo de eleccións, temos que mirar pola nosa xuventude xa que temos os xovenes maís preparados da historia de Galiza. Sr. Quintana pidoche que sigas loitando e que ofrezas a xente o que a xente quere escoitar e ver, temos que estar no sitio que nos necesiten e tender a man a todos sexa que sexa, sexamos nacionalistas e defendamos a nosa terra maís non viamos encontra de quen non pense como nos. Iso si, non deixar pasar unha o novo goberno, estar sempre atento os trapicheos que no seu día fara e denuncialo, maís con bos modos non sexamos uns tonechos como eles
Animo a todos e xuntos voltaremos a gañar apoios e Galiza gañara.
Xesus
 
ANS