o un de marzo a botar polo BNG! nada de quedar na casa.
ui, que votar é con "v".Pois iso.
POR UN ANXO QUINTANA PRESIDENTE DA XUNTA O 1 DE MARZO,
MOITO BNG,ADIANTE SEMPRE E A GAÑAR O 1 DE MARZO
Ata as enquisas de La Razon (xornal afin o PP) recoñece que o PP baixa e o unico partido que vai subir en votos e escanos vai ser o BNG.
Ogalla sexan os suficientes escanos para que poidamos ter un presidente nacionalista.
Amigos do BNG despois de asistir a convención do sabado, estou seguro que vamos a alcanzar a maiores cotas de Nacionalismo en Galiza.
O día Un de Marzo acudamos todos as mesas electorais co voto pa Anxo Quintana e todos os compañeiros que o acompañan nas listas.
Fagamos campaña entre os nosos amigos, familiares e todos aqueles que ainda non votan BNG, fagamos un esforzo pa que Galiza gañe.
FORZA BNG
O BNG é xa un proxecto incuestinabel na actual política galega. É necesario facer autocrítica pois o que se fixo nesta lexislatura e mellorabel, pero tampouco debemos ser tan dramáticos que vaia parecer que con Fraga viviamos mellor. É tempo de estar mais unidos ca nunca as persoas que pensamos que Galiza necesita un goberno propio, e nese camiño avanzamos o 1 de marzo. Despois dese día convén pararse a pensar no que somos capaces de cambiar neste pais na dirección ética e política herdada de Bóveda, Castelao, Vilar Ponte, Curros e continuada entre outros por Beiras, Nogueira, Quintana (contando co traballo colectivo do nacionalismo)... Non hai que abandonar a capacidade crítica e de diverxencia, pero as campañas electorais, tal como se desenvolven na actualidade non é o momento para pegar golpes no peito e decir que malos somos, que temos que ir confesar. Pola contra é momento de posicionarse entre os tres modelos que hai, sabendo que hai forzas moi poderosas para subir aos outros dous partidos, e nos temos algo menos poderoso pero mais importante que é a suma das nosas forzas como persoas con conviccións políticas socias e culturais moi fondas.
Non suscribo totalmente a mensaxe de "Cando poderei falar?", pero creo que conten aspectos que e preciso se consideren. Unhas eleccions basadas no espectaculo, na superficialidade a o estilo "USA"...
Para que o BNG gañe as eleccións, terá que contar con mais xente que os incodicionais. Eu voto, habitualmente, o BLOQUE... Pero non por eso deixo de botar en falta unha actiude mais aberta a participación das persoas, que poden ter ideas e conceptos que podrían axudar a millorar a sociedade...
Os políticos diferencian a campaña electoral do que logo ven, esquecéndose das suas promesas. Para min o meu candidato debe comprometerse a manter un diálogo continuo, de revisar e analizar os acontecimentos a medida que se producen, sin disimulos (hai que declarar os verdadeiros atrancos e de donde veñen os impedimentos)...
Anxo Quintana inicia aquí un uso das tecnoloxias, que lamentablemente pode ser moi surperfluo e vanal (tal como ocurre con outros "inventos" como o de teño unha pregunta para vostede, etc.) pero a tecnoxia pode facilitar unha nova praxis de dialogo cos electores e electoras...
Por eso propugno unha millora (xa está moi bonito e operativo) para este intento de dialogo, e teño a experiencia de haber participado na criación de www.adebate.net onde eso e posible. Non estou “vendendo” nada: o seu uso e de balde, e non ten publicidade de ningún tipo. Está a disposición de quen quera utilizalo...
Eu tamén son Anxo Quintana