Feijoo está a facer a campaña máis suxa que se recorda

25 de febreiro de 2009

A mentira, a difamación, e agora tamén os paparazzi son as armas que está a utilizar o señor Núñez Feijoo nesta campaña, a máis suxa e rastreira das que se recordan. Por inventar ata inventan accidentes de tráfico. Non sei ata onde quere chegar o PPdeG antes do 1 de marzo, o que está claro é que Feijoo é demasiado covarde para querer defender esas mentiras debatendo. E con, todo, non nos van tumbar. Esta política de difamacións terá o seu xusto castigo o vindeiro domingo nas urnas.


9951 veces visto

Categoria: Hai que dicilo

Gustalles a: 24 usuarios

Data de subida: 25 de febreiro de 2009

Dura: 2:40

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

15 comentarios

juanlorenzo 25 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 7.09
eu son 100% galego e con este xogo que fan os peperos esou a cobertirme en 200% galego e deixarei de ser tranxixente con calquera que ataque a nosa nacion Galiza, esta a chegar a hora no que todos os galegos puros sexa da condicion e parecer politico unamonos pra facer fronte a todos istos a hora e chegada.


sempre en Galiza.

Galiza nazon.
adriana 25 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.41
Sorprende o parecido de Feijoó con Martínez el Facha.

A noticia de Antena 3 de hoxe lembrando o incidente de Oia é de bergoña allea: parecía publicidade do PP. Guerra contra os medios dos fascistas e mentireiros.
Gaias 25 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 7.75
Feijoo quere gañar as eleccions con mentiras e difamacions. Decindolle os galegos "todos somos iguais" e fomentando asi a abastencion o 1-M.
Nin queren debatir, nin teñen proxeto.

Lembrar que con Feijoo na Xunta as concesions eolicas eran A DEDO, sen concurso publico, e sen ningun beneficio para Galiza. Nin economico nin de creacion de emprego.

Boicot a "La coz"!
lucía 25 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.74
Pódese dicir máis alto pero non máis claro.
Ogallá todas e todos saibamos recoñecelo o día 1.
Pacenciña, ánimo e sorte!
eneas 25 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 7.24
Contra a cacicada do PP, contra o neoliberalismo, contra a dereita, contra a difamación, todos a votar o 1 de marzo BNG.O aliado do PP= a abstención.
floren 25 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.27
ESE QUINTANA!!!!!!!!!!HABER Q RESPONDE O CACIQUILLO DO FEIJOO
maceirax 25 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.91
Hoxe sóubose que do ordenador dun dos asesores de comunicación personais de Feijóo saíron correos electrónicos difamatorios suplantando a identidade de persoas do gabinete do BNG, coa intención de facelos pasar por internos... ao delicto é quen de chegar este PP e esta vergonza de candidato con tal de tratar de impedir por todos os medios (e nunca mellor dito) que o BNG reciba o empurrón histórico que todas as enquisas prognostican que a cidadania galega desexa darlle contra vento e maré e caia quen caia.
imeneo 26 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.97
Maceirax, non só o PP, o PSOE tamén sabe facer PowerPoints

cousasdeimeneo.blogspot.com/2009/02/o-powerpoint-entra-en-campana.html
Gaias 26 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 7.96
eu da fonsagrada 26 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.78
comparto totalmente o dito por QUIN, o sñor Feijó está a demostrar a súa verdadeira cara.¡ nón quere a Galiza!,é un discipulo do Fraguismo, do caciqusmo que soportou o noso país durante tantos ´tan longos anos.creio que nas anteriores eleccións miramos cara adiante e tivemos un cambio, qe para os que estamos fora, cada vez que vamos a terra palpamos ises cambios.Agora más que nunca temos que facer un esforzo é non darlle a espalda o país é apollar a o BNG é a Anxo nesta etapa, para seguir avanzando no país, para seguir loitando pola nosa entidade, cultura.
Ide todos a votar, non qededes no lar.
GRAZAS POR DARLLE VIDA A TERRA QUE NOS VIUNACER A TODOS OS GALEGOS QUE ESTAOS NESA GALIZA EXTERIOR.ADIANTE!!
GUillerme FDZ dende MADRID
quinte 27 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 3.69
A participación en debqtes entre os lideres, non está quedando demasiado clara q
quinte 27 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.26
Na participación en debates dos candidatos, non está a quedar demasiado claro quen esta disposto ou non a participar, pois todos din querer e logo, nada...

Quizais que Quintana debera enviar un comunicado os medios, manifestando a súa disposición (pensado que hai moitos que non andan por estes eidos)... E aproveitar a oferta do espacio nalgún medio, para ter o debate con os electores en xeral, algo mais abertos cos feitos nesta web, e con opcións de réplica para os propoñentes...

Tamén penso que estas web foi pouco publicitada. Acudín algúns mitins do BNG, e en ningún deles se fixo mención do aquí publicado. Creo que probablemente tería un certo éxito presentar os vídeos e as preguntas feitas por algúns participantes, antes ou despois do acto, como un complemento informativo... (Repartido en demais DVD cos mais interesantes)...
Elba 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.86
Debería darlle vergoña a Feijoo e a outros tantos políticos andar a dicir mentiras sobre o BNG e sobre Anxo Quintana, e incluso chegar a inventar cousas sobre a súa vida privada, é lamentábel. Pero está claro que todo iso, tanto o Partido Popular como algúns medios de comunicación, o están a facer por medo ós resultados do día 1 e pola forza e o apoio que moita xente ,cada vez máis, está a dar ó BNG. O que sinten é iso, MEDO, e como non teñen argumentos ningúns para defenderse, so poden inventar, mentir e insultar.
Samoedo 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.78
Desde Sada todo o meu ánimo ao BNG contra a campaña difamatoria da prensa coruñesa e do PP. No noso concello vimos padecendo esta situación desde que se materializou o cambio, logo de 28 anos de gobernos reaccionarios e españolistas.
Mañán toda a esquerda galega e toas as persoas honradas teñen que castigar a actitude dos partidos corruptos e dos difamadores da falacia.
Todos co BNG, por unha Galicia de traballadores libres! Por unha Galicia liberada!
Elida 28 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.33
Non é a primeira vez que nos amenazan, critican e perseguen. Pero se falan de nós.... será porque ao mellor temos moita razón.
Ánimo e adiante BNG
 
ANS