29 de novembro de 2008
A crise demostrou que a economía especulativa é un fracaso, e que cómpre apostar e apoiar firmemente a economía produtiva. Non entendo que o Goberno apoie operacións para a venda de Repsol, ou a compra de Fenosa por parte de Gas Natural, mentres en Galiza temos factorías produtivas como Navantia-Fene (antiga Astano) paradas por culpa do Goberno central. Este é o momento de reclamarlle a Madrid dunha vez por todas que nos deixen facer barcos, para que o empresariado galego poida crear industria competiva a nivel mundial e postos de traballo para a xente do país. Grazas a unha pregunta de Francisco Jorquera o presidente Zapatero manifestou no Congreso o seu compromiso de levar o tema á Unión Europea. O BNG vai traballar intensamente estes días para vixilar que este compromiso se cumpra.
Etiquetas: Astano crise economía Estado Jorquera naval Navantia
Localización: Fene
A quen lle gusta este vídeo?
A min gústame!
Data de subida: 29 de novembro de 2008
Dura: 4:03
En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.
En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.
En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.
Licenza | Contacto | RSS | iTunes
Outras webs: bng-galiza.org / falaconquin.com