É o momento de eliminar o veto a Astano

29 de novembro de 2008

A crise demostrou que a economía especulativa é un fracaso, e que cómpre apostar e apoiar firmemente a economía produtiva. Non entendo que o Goberno apoie operacións para a venda de Repsol, ou a compra de Fenosa por parte de Gas Natural, mentres en Galiza temos factorías produtivas como Navantia-Fene (antiga Astano) paradas por culpa do Goberno central. Este é o momento de reclamarlle a Madrid dunha vez por todas que nos deixen facer barcos, para que o empresariado galego poida crear industria competiva a nivel mundial e postos de traballo para a xente do país. Grazas a unha pregunta de Francisco Jorquera o presidente Zapatero manifestou no Congreso o seu compromiso de levar o tema á Unión Europea. O BNG vai traballar intensamente estes días para vixilar que este compromiso se cumpra.


1749 veces visto

Categoria: Hai que dicilo

Gustalles a: 9 usuarios

Data de subida: 29 de novembro de 2008

Dura: 4:03

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

4 comentarios

ramiran 4 de decembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 2.59
Gústame escoitar o rexeitamento de que fala vostede da economia especulativa,pero choca coa miña realidade, dado que eu son un traballador da ex-Valeo de Porriño e estamos sufrindo a proxima perda de traballo xenerada pola deslocalizacion de Valeo coa axuda de duas consellerias do goberno, traballo, e industria, e o DOG dando cartos para un suposto proxecto que non existe.
Non sei si esta vostede ao corrente pero pidolle a vostede que se preocupe de este erro e intente endereitalo, e pídolle especialmente ao BNG vixilancia e rigor, defensa do pais, loita real contra a economia especulativa, especialmente a traves do IGAPE.
Os traballadores non merecemos esto, e a alguns doenos mais vindo do BNG.
VC 6 de decembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.61
Tamen traballo nesta planta, que foi mercada (para nosa desgraza!) polo grupo Cablerias Auto. Estou totalmente dacordo co comentario anterior. Supoño que saberá do que falamos. E se non e así,en www.valeocabreados.blogspot.com atopará algunha informacion.
A nosa impresion e que o noso goberno está a ollar pra outro lado...ten vostede na sua man tentar correxilo.
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
un cabreado 14 de decembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.10
Sr. Quintana,¿de que está a falar?.Eu tamén son traballador de Valeo,ou Cableados,ou como se chame iso que queda alí.Vostede é un cínico ou non sabe a cantas anda.¿Chámalle economía productiva ao que fixo a Xunta axudando a Cablerías?¿A que lle chama entón economía especulativa?Póñase as pilas,e mire o que se fixo e está a facer no caso de Valeo,no que se refire a Cablerías.Entérese de donde se están a invertir esos 6000000E de todos os galegos.Cando se subvenciona a un especulador,estase a facer economía especulativa.
 
ANS