Ilusión e forza Anxo
Estamos contigo
BNG sempre
Este vídeo é sen dúbida emocionante. Adiante sen medo!!!
Este sábado 24, temos a Anxo Quintana en Berttamiráns (Ames) ás 12:30h na Casa da Cultura. Todos con Quin, todos co BNG.
Gañando polo amor, que bonitoooooooooooo
Podese ser de dereitas, centro ou esquerdas. Pero o que ninguen pode e negar que na actualidade o unico partido que se pode chamar GALEGO, pq defende os intereses galegos aqui e en Madrid, que defende a nosa lingua e identida e aposta por un estatuto de nazon, ese é o BNG.
ESTOU MOI CABREADO, POR TOD@S ERA SABIDO QUE O SENHOR QUINTANA ESTABA A ENCHUFAR A XENTE NA XUNTA; PERO HOXE CCOO CONFIRMA QUE ACABAN DE SACAR UNHAS OPOSICIÓNS ADICADAS PRECISAMENTE A DARLLE UN POSTO DE FUNCIONARIO A ESES ENCHUFADOS DE QUINTANA.
EU XA O TENHO DECIDIDO: ESTE ANO NON VOTO!!
SE BEN EN GALIZA NON HAI ALTERNATIVA AO BLOQUE, PERO A ESTE BOLQUE EU NON PENSO VOTALO: ISTO É A GOTA QUE COLMA O VASO.
EU NON SON ANXO QUINTANA NIN ME IDENTIFICO CUN PARTIDO PSEUDONACIONALISTA QUE XA NON LEMBRA OS SEUS ORIXES.
CIUDADANO DE MARIN (PONTEVEDRA)
A ver se deixamos de mercar xornais subvencionados por Touriño que son perxudiciais para o desenvolvemento neuronal...
Por moi en maiúscula e cursiva que escreban, patínalles a ideoloxía de "la pela es la pela".
Para o terxiversador Manuel, o que di o sindicato do PP é falso, si que se puntúan nesas probas a pertenza ao Consorcio, pero a xente que está alí SOMETEUSE NO SEU DÍA A UN CONCURSO-OPOSICIÓN. Con vós era moito máis doado, entraban a dedo e logo se lles "consolidaba" a praza.
A xente que traballa no consorcio pasou un concurso oposición, e o proceso que agora se abre para acabar coa temporalidade dos postos foi negociado legalmente entre sindicatos e patronal, e a xente que se presente se lle valorará a experiencia como se fai no sergas, na xunta ou en calqueira ente público.O sergas de sempre valorou moito mais a experiencia no sergas que en calqueira outro sitio, e a ninguen lle pareceu nunca mal, por que co consorcio si?.Dende logo, é máis fácil facer o que facia o PP, poñer a xente a dedo sen exame nen valoración obxectiva dos meritos profesionais e académicos.O de certo periódico que saiu hoxe é de vergoña por manipular a verdade.
Primeiro dicir que EU son votante do BNG, por iso mesmo escrebo aquí, porque me parece o melhor sitio pra falar delo.
Pero hai que estar moi cegos pra non ver o que Vicepresidencia leva 4 anos facendo: eu conhezo a uns cantos que están a trabalhar pra a Xunta sen oposición desde que chegou o Bloque; por suposto todos eran dos da múltipla militancia : ADEGA, CAF, GALIZA NOVA...
Sabedes que hoxendía o Medio Rural segue levando de Coordinadores de Voluntariado do Monte a xente ÚNICA E EXCLUSIVAMENTE POR SER MILITANTES DE ADEGA?. EU estiven nese voluntariado, e non escondo a minha faciana, pois nesta mesma páxina tenho unha regunta pra Quin sen esconderme baixo nengún pseudónimo e co rostro descoberto.
Ao voluntariado non volvo. Pero se ata levaban na mochila os panfletos de afiliación a ADEGA!?
Coidado senhores que o BNG estase empodrecendo. O peor é que cando discuto disto con colegas meus militantes do Bloque aínda o xustifican.
Se algún pensa que son de Beiras ou de Camilo dicir que pra min o que fixeron foi traizoar á xente que os nomeou delegados.
Eu son un simple votante do Bloque ao que non lle gustan certas cousas que está a ver.Eu non son un borrego aos dictados de Camilo, nin Beiras nin Paquiño: eu penso por mín; e se algún sodes militante do BNG diríavos: canto levades vos sen pensar por vos mesmos?
Acaso cando non había delegados votabades o que queríades? ou o que decidían os vosos líderes?
Unha sinceira aperta, e perdoade se me notades un pouco alporizado: pero hoxe estou que boto fume
Ánimo a tod@s, sei que hai erros, sei que se poderían facer mellor algunhas cousas, ...tamén sei que temos moi mala memoria e xa non lembramos como se gobernaba hai pouco tempo.
A política é, fundamentalmente, crear ilusión, esperanza, autoestima e ánimo para mellorar a nosa vida. E o que fixo o BNG neste pouco tempo que leva no goberno foi nesa direción, e foron logros que pasarán á Historia.
Eu tamén son ANXO QUINTANA, e FERNANDO BLANCO, e ALFREDO, e ...