Debate coa cidadanía (I)

21 de febreiro de 2009

Ante a negativa do candidato do Partido Popular de asistir ao debate convocado pola TVG, nós si celebramos ese mesmo día un debate cos cidadáns onde me puideron preguntar todo aquilo que lles preocupaba. Este é o primeiro fragmento dese debate, no que se falou do Plan de Boloña e das universidades, do imposto de sucesións e dos salarios dos cargos políticos.

Videos relacionados

Debate coa cidadanía (e III)

23 de febreiro de 2009

Debate coa cidadanía (II)

22 de febreiro de 2009

Nesta categoría

Encontro con novas e novos creadores

26 de febreiro de 2009

Queremos máis avances en Vivenda

23 de febreiro de 2009

Debate coa cidadanía (II)

22 de febreiro de 2009

Eu son Anxo Quintana

16 de xaneiro de 2009


1380 veces visto

Categoria: Coas persoas

Gustalles a: 9 usuarios

Data de subida: 21 de febreiro de 2009

Dura: 0:00

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

10 comentarios

Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
Gaias 21 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.77
Feijoo é quen non quere facer debates por cobarde e pq vai en alianza coa abstencion.

Video: As excusas de Feijoo para non ir o debate da TVG

www.youtube.com/watch?v=izdUIvg0DT8

Feijoo e un "problema" chamado GALEGO

www.youtube.com/watch?v=fVJcDrDz41w
Gaias 21 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.33
O despilfarro de Feijoo na Xunta

www.youtube.com/watch?v=SdysrCgW8kg
Xandre 21 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.99
Arrea que un político recoñeza que a sociedade é inxusta...haberá q loitar para que iso cambie non???...e por que se nomea tanto ao partido popular???? ollo con eses detalliños....
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
bloqueiro 23 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 2.66
Os estudantes nacionalistas loitando contra a mercantilización da universidade e contra o plano de Boloña e este tipo dicindo en campaña que hai que "vincular a universidade coas empresas", cando todos sabemos o que iso significa na práctica. Nin unha palabra crítica con Boloña, e nin sequera se digna a responder a pregunta da rapaza.

Van os CAF a dicir algo sobre isto ou o movemento estudantil nacionalista está definitivamente morto?
Licorka 23 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.62
Falou de servizo público universal e a vinculación da universidade coas empresas cinguiuna exclusivamente á investigación que, por certo, era unha das poucas competencias que as consellarías do BNG tiñan para coa universidade e coido que se cumpriu con creces neste aspecto.

Por outra banda e para esclarecer calquera tipo de dúbida ao respecto da posición do BNG sobre o Proceso de Boloña e as alternativas programáticas podedes acudir ao programa electoral do Bloque no que hai un extenso apartado dedicado á universidade e ao EEES, a partir da páxina 138.

Hai que ser máis rigoroso e menos demagogo!
quinte 23 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.00
Aínda que un simple frase non é de abondo para prexulgar unha actitude política, paréceme moi perigoso dicir que a universidade debe estar vicunlada as empresas... O menos en teoría, a Universidade ten que ser forxa do progreso, tanto científico como humano, e vinculalo co a empresa privada podase supoñer dar unha prioridade a aquelas actividades que melloren o rendemento financeiro dos medios productivos, xa que por autodefinición os obxectivos da iniciativa privada e gañar o máximo de cartos no mínimo de tempo, desprecupandose dos perxuizos que tal actividade xenere para o entorno, e para o ben estar futura sociedade, desprezando principios de solidariedade e responsabilidades culturais e políticas para un ben estar da humanidade.

Por outro lado, non vexo grandes diferencias có outro programa semellante, o de "TENGO UNA PREGUNTA PARA VD..." en onde púxose de manifesto que o único intereses do político participante era a seu lucimento. Ou sexa, pode ser un acto válido para repañar algúns votos (o dudo) pero creo que houbera resultado mais efectivo si se introducira unha formula de participación mais activa: Ademais de preguntas, propostas concretas, e oportunidade de rebater a resposta recibidas.

Penso que, ademais de conseguir votos, e preciso demostrar unha apertura respecto os votantes, que deberían ter algunhas posibilidades de participación no deseño das accións políticas que sexa necesario acometer. E por ese camiño, tamén se poden conseguir votos, aínda mais firmes e decididos, cos que se obteñan en base a espectáculos e artimañas publicitariarias, que sempre serán volátiles.

A vista do comportamento xeneralizado dos políticos, creo que somos bastantes os que nos conformamos con votar aquel candidato que fixo o que puido, pero ademais se mostra aberto a colaboración e participación das demais persoas, para estar a salvo de presións interesadas, veñan de Madride ou do banco da esquina ou do especulador de torna...

Para min sigue sendo a opción mais interesante votar o BNG, pero somentes teño intuicións que terán que demostrarse de algunha forma.
nomade 23 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.73
Sobre a pregunta de Boloña: vin a entrevista en Localia e a resposa de Quintana era máis ampla.

Imaxino que o que aquí se mostra é un resumo, ou algo que se lle parece...
 
ANS