A Xunta ten algo que dicir respecto as Caixas de Aforro, entidades nacidas para combatela USURA, fomentar o aforro popular, e dar servizos financeiros a comunidade onde radique, sen aventúresmos especulativos na búsquea de grandes e perigosos beneficios.
Pero as Caixas están reconvertidas, dende fai 20 anos, en emuladores dos bancos comerciais, especializados en espoliar ou teixido económico e arrasar cas economías familiares e das PEMES.
E o curioso e que alardean de que están gobernadas por un consello de administración elixido popularmente, o marxe dos políticos (¡As Caixas non deben de estar politizadas! --din cinicamente--) cando o método de elección dos conselleiros e por sorteo, sen control nin mínimas garantías democráticas.
Estou seguro que si as Caixas melloraran, en vez de perder, a súa actitude de servizo a sociedade, os bancos terían que refrear as súas ansias especulativas, e que o problema do ladrillo non sería tal, pois houbera xerado tantos ou mais postos de traballo, pero facilitando vivendas a un prezo xusto.
Por exemplo, a desaparecida Caixa de Aforros MUNICIPAL de Vigo que os primeiros alcaldes "democráticos" se apresuraron a desligar do municipio, construíu milleiros de vivendas que logo vendeu a prezo de custe (un 35% do valor do mercado), embolsándose unha saneada ganancia do 7% do capital invertido, sen especulacións, e creando postos de traballo para as empresas constructoras.
Pero diso xa fai mais de 30 anos... Decidiuse polos mandamais que o tema das vivendas, mellor deixalo para as entidades privadas, que son mais "eficaces": gañando cartos, claro.
As caixas confórmanse con dar créditos os promotores, posto que a eficacia definise pola concentración de beneficios e a distribución de obrigas, diluíndo o crecemento dos custes no tempo, para que sexa mais fácil animarse a comprar, non en función dun custe total, senón baseándose no custe mensual, sen pensar cantos meses van ser necesarios.
Ata houbo unha modalidade de hipoteca, na que os primeiros anos pagase unha pequena cantidade, e logo esa cuota mensual multiplicábase por cinco...
O importante era vender, cumprir o obxectivo do trimestre...
¿Que mais cousas fan as Caixas?... Pois por exemplo, cancelar préstamos con cargo o fondo para falidos, malia que o debedor teña pendente de cobrar da mesma caixa facturas por dirección de obras por un importe superior á débeda, de varios millóns... Pero é un amiguete que se prestou a facer de cabeza de turco nun *negociete que saíu mal, e agora, non é bo deixalo na estacada. (Non vaia ser que tire da manta).
Así pois quizás dende a Xunta se poda facer algo cas Caixas de Aforro: Analizar e controlar as súas operacións e observar e sanear o sistema de eleccións dos seus consellos.
De inmediato, e para as entidades financeiras en xeral, limitar as recargas por mora a o 1% mais dos xuros pactados.
Que renuncien a aplicar subidas de xuros, en tanto dure a crise.
Conceder moratorias ou esperas nos pagos, sen penalización polos atrasos, e poder o prestario renegociar as condicións dos créditos, axustándoos á súa realidade como pagador.
Que apliquen, de forma inmediata, as reservas constituídas como fondos para falidos, para sanear as súas carteiras de activos, favorecendo primeiramente a os pequenos clientes: familias, autónomos e micro empresas, amortizando as súas débedas.
Tampouco debemos deixarnos impresionar (seguirlle o xogo a través dos medios a os especuladores que están a aproveitarse da crise) por algúns indicadores utilizados parta sacar conclusións apresuradas:
-Os vaivéns das bolsas non teñen, no inmediato, moito que ver ca marcha real da economía. As bolsas son auténticos casinos onde se xoga a especular, pero con cartas marcadas. Sube e baixa a impulsos claramente controlados, e que son os que permiten que siga sendo fonte de beneficios para os que manexan o cotarro.
-Morosidade non implica, necesariamente, IMPAGOS. A morosidade e outro método para acrecentar os beneficios dos bancos, por eso fan todo o posible para que se produza.
O sistema de préstamos bancarios preveu toda un entrabado de medidas para evitar perdas, contratando seguros (que paga o prestatario) creando fondos, e mantendo un diferencial nos intereses suficiente como para soportar mais de un 15% de impagos, que, unha vez executadas as garantías, nin sequera chega a representar un 1%, do volume dos préstamos, tendo en conta que ademais que os procesos de execución non son os mais doados para obter o máximo rendemento. (Quizá porque o que exceda do importe da débeda --artificialmente incrementada-- tense que entregar o prestatario deshauciado.)
Neste pais, no caso das hipotecas, algunhas estarán abaladas persoalmente, o que quere dicir que si a subasta do inmoble non cubre total da débeda, o prestatario responde con outros bens que teña. Por iso se chegaba a conceder prestasmos por mais do 100% do valor da vivenda!...)
Fai anos os préstamos pagábanse en liquidacións mensuais: Un importe constante para amortizar (Total do préstamo dividido polo total de meses de duración) mais uns intereses calculados mes a mes sobre o resto pendente. Esto supoñía que o importe do recibo iria diminuíndo cada mes (psicoloxicamente asumíase un pago mais alto, ca perspectivas de que o mesmo iría baixando) pero ademais representaba un abaratamento no pago de intereses.
Loxicamente, como o afán dos bancos (e agora tamén das Caixas) e gañar o máximo posíbel, aplicase a moda de pagos iguais tódolos meses. Así os incrementos dos intereses repercuten mais, e os bancos gañan mais.
En fin, xa me enrolei de abondo... ¿Ten o BNG algún plan respecto a o control das caixas e democratización da elección dos membros dos seus consellos?...
¿Cal e a postura do Bloque fronte os privilexios da Banca privada?...
¿Téñense plans de mellora para o servizo de vixílancia e control da Banca, para evitar concorran a operacións de economía lixo, participación no comercio das armas, das drogas e demais negocios sucios que so son posibles ca participación de grandes fondos financeiros?
¿Deberíase voltar a dispor de unha banca oficial especializada (Banco Hipotecario, Banco de Crédito Local, Banco Exterior...), xa fora a nivel estatal ou de Galiza?...
¿Non sería mais doado nacionalizar a Banca, convertendo as súas acción en obrigacións a % fixo, e os beneficios dedicalos a crear fondos socias cos que atender o paro, a Seguridade Social, as pensións a educación, etc...?
Ten o BNG algún plan para promover a implantación da Banca Ética en Galiza, favorecer a creación de Cooperativas de Crédito, apoiar ás Cooperativas de vivendas sociais, axudar á xeración de auto emprego mediante o impulso das cooperativas de traballo asociado?
M.A. Quinteiro.
669781006 – maqmaq@gmail.com