Contra a división entre os que falan galego e os que falan castelán

12 de febreiro de 2009

Non entendo que mal lle fixo o galego á xente que quere dividir a poboación entre os que falan galego e os que falan castelán. Así o expresei durante a miña conferencia no Club Faro de Vigo.


4208 veces visto

Categoria: Hai que dicilo

Gustalles a: 19 usuarios

Data de subida: 12 de febreiro de 2009

Dura: 3:20

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

7 comentarios

lonxe da terra 12 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.38
E para saír correndo. Estou a vivir hai uns anos fóra da terra e vou ter que coserme os beizos para nos dar a resposta que merecen aos que dan creto a tanta demagoxia barata.

Se cando chego á Galiza (Vigo) case que me sinto un becho raro por falar galego. As veces fago apostas para ver cantos respostan en galego....a pasada fin de semana tentei con 24 persoas e só 3 contestaron en galego.... onde está o problema do castelán...
Gaias 12 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.80
Os GB, Feijoo, Rosa Diez,etc saben moi ben que aqui non hai ningunha imposicion do galego. Pero precisan presentar o nacionalismo galego coma radical e o mesmo tempo eles presentanse coma "bilingues" e "defensores da liberdade".Pero son eles quenes fomentan os apartheids linguisticos para que os nenos castelanfalantes non aprendan o galego e os galegofalantes vaian falandoo cada vez menos.

Cando o PP gobernou na Xunta non existiu nin "bilinguismo" nin "liberdade de eleccion". Agora critican a outros por facer cumplir as leis que eles aprobaron (Lei de Normalizacion linguistica).

A dia de hoxe o galego segue sen estar normalizado, e somos nos, os galegofalantes, os que non podemos vivir en galego na Galiza. En ambitos coma o laboral, xustiza, sanidade, publicidade, medios de comunicacion non hai tal bilinguismo. O galego esta perseguido, discriminado ou desprestixiado.
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
nygard 13 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.54
Será un conto, pero é real como a vida mesma, e ademáis é o camiño a seguir...
marcos 13 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.02
O Tribunal Superior de de Galicia cre que
o decret do galego no ensino respecta os dereitos á liberdade e a igualdade recoñecidos na Constitución e non supón unha discriminación por razón de lingua. Esta é a resposta que os maxistrados da sala do alto tribunal galego deron á Asociación Galega para a Liberdade do Idioma () e a un particular que pediu que o seu fillo recibise todas as clases en castelán, quen presentaron senllos recursos de protección de dereitos fundamentais.
A sala considera que a elección de idioma polos pais non é un dereito fundamental e recorda que o dereito á educación, que si o é, non implica que o ensino deba ser nun ou outro dos idiomas oficiais. O argumento do tribunal galego non é novo, xa que a propia sentenza precisa que, no caso do catalán, o Tribunal xa fallou no ano 1994 que o uso da lingua propia da comunidade como a normal dentro da Administración educativa está dentro de "os parámetros constitucionais".
"Con carácter xeral". A farsa bilingüe non respecta nada. Nin con fracasadas manifestacións.
imeneo 13 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.65
Gustáronme as palabras de Quintana, pero coido que esta canción vai ao cerne da cuestión.

Roi Casal - Maxicamente vello
www.youtube.com/watch?v=39vI7rFFr-0
juanlorenzo 16 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.47
100% dacordo co video e "mais mexan por nos e din que chove"

Sempre en Galiza
 
ANS