Que pasada de conversa! Todos os puntos nos seus is.
Encantado de votar o que votei no 2005. Ilusionado de volver votar o mesmo en 2009.
Penso que Quintana expresa moi ben o desencontro que sinte coa base do bloque. E síntome totalmente indentificado co que dice.
Unha cousa é teorizar e outra ben distinta andar o camiño. E o camiño ándase a pasiños e non con teorías. As teorías serven para saber a onde queremos ir. Pero non en todas as múltiples decisións a que obliga a realidade inmediata.
Non é só que exista diferenza entre teorizar e andar o camiño.
Tamén hai que teorizar mirando para o camiño, para o camiño que hai diante e non para o camiño que imaxinamos que molaría que houbese diante.
Como pode este home falar da militancia que o escolleu como "espazo de xestión non especialmente agradable"? Que desprezo polos compañeiros sen os cales el non sería nada!
Quin, non desistas. Aínda tes moito que facer polo país e polo BNG. Alguén terá que explicar algún día como facedes no BNG para ter esta xente, que non dubida en atacar ao seu propio partido tan abertamente. Creo que ata Beiras!!!
Vamos a ver, me surge una primera cuestión: ¿"BLOG" se escribe en gallego con B o con V?
Éche unha risa isto do Quintana e o Reixa (que antes era independentista, por certo).
Entón no ano 97, cando o BNG tiña un discurso moito mais claro e directo (na súa liña histórica) e falaba sen ocultar tanto como agora os obxectivos reais do nacionalismo, había moitos mais nacionalistas que agora? Porque daquela a xente (que non é nacionalista, obviamente) entendía e apoiaba propostas do BNG moito mais audaces que as actuais.
Está claro que a maiorí dos galegos non son nacionalistas. O que haberá que facer é ilos convencendo, pouco a pouco. E iso non se fai ocultando a mensaxe para homologarse cos demais partidos.
O BNG está para cambiar a sociedade, non para xestionar o que hai. Para iso sobran opcións.
Comparto tódolos vosos razonamentos, e exprésovos a miña simpatía, ofrecendo ao tempo a miña colaboración a prol das ideas e intereses que saen reflectidos neste video, cheo da serenidade e do sentido común tan necesario para endereitar (¿non existe "enesquerdar" non sí?)o futuro do noso país. Ánimo e adiante, tocayo e ex compañeiro de colexio.
Grazas GALEGOS.seguide sementando ilusión.
o día que esperten as novas xeracións ,ademais de respetados seremos (admirados).
dirixentes,menos fútbol i maís documentaís culturaís.
o vlog unha idea macanuda.parabens.
certamente queda moito camiño por andar.Quin gostame como representante porque me inspira confianza;se por encima istes 4 anos demostran a capacidade de gobernar e progresar,non pillan a ninguen nun renuncio,non se perden votos,senón que se gañan alguns,daria animos porque querria dicer que a xente reconoce que GALICIA temos que defendela dende eiqui por xente que non está condicionada por Madrid.un saudo e animo
magnífica conversa...como di algún, inda resta moito por traballar, pero coido que estamos no bo camiño, loitemos polo noso futuro, loitemos pola nosa terra.