Citroën debe manter os postos de traballo

19 de xaneiro de 2009

Non pode ser que, despois dos fondos públicos recibidos e do traballo que o Goberno galego está a facer co sector da automoción, a industria responda cada semana coa posibilidade dunha nova regulación de emprego. Por iso hai que reclamarlles ás empresas un esforzo da mesma magnitude que o que se está a facer dende as institucións por eles.


188 veces visto

Categoria: Hai que dicilo

Gustalles a: 6 usuarios

Data de subida: 19 de xaneiro de 2009

Dura: 1:44

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

2 comentarios

Erasmo 20 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 2.02
Poñer cartos públicos SEN CONDICIÓNS é tirar cos cartos de tódolos galegos...!

Seguramente esta crise non se vai resolver inflando aínda máis as contas de resultados das Grandes Empresas... seguramente eu non teña solución para o cristo que montaron outros... máis parece do xénero imbécil financiar as gañancias do Capital en lugar de Reducir os custes dos cidadáns...?

Cando menos os estadounidenses puxeron data ós Plans de Reconversión das Empresas que estar a financiar... e senon son capaces de INNOVAR e competir deberamos falarlle claramente á cidadanía en lugar de seguir COPIANDO o que fan noutros lugares a risco de deixar as arcas da Facenda Pública en números roxos para sempre xamais...!

Para empezar a resolver a crise mellor sería darlle unha boa patada no cú a Solbes... e sentarse a pensar como se pode empregar a 4 millóns de parados de aquí a dous anos... cun 6% de déficit fiscal, en lugar de seguir abrindo Centros de Día e regalando cartos ás Empresas sen condicións...

Os cartos públicos semella que medraran nas árbores... pero NON medran nas árbores...
Saen do esforzo de tódolos galegos e galegas que mantemos o traballo e as cotizacións co noso esforzo diario... sen montar chiringuitos que van durar o que dure a campaña electoral e pouco máis...

Ó día seguinte do 1 de Marzo terás que pedirnos resignación e sacrificios... ¿Por qué non facelo hoxe que aínda estamos a tempo de aforrar miles de millóns de €uros que boa falta nos van facer para pagar os seguros de desemprego se non se nos ocorre nada mellor nestes dous anos?

Lembra que Perícles foi elixido 11 anos consecutivos polos cidadáns de Atenas a pesares de berrarlles e dicirlles que para manter a hexemonía de Atenas compría facer sacrificios e ser honrados consigo mesmos... aínda así non houbo ateniense que NON arrimara o hombro.

Responsabilidade é unha boa palabra para tempos de CRISE...!
 
ANS