Benvidas e benvidos ao meu videoblog

5 de setembro de 2008

Quero darvos a benvida a todos e todas as que entrades por primeira vez neste videoblog. Espero que sexa unha boa ferramenta coa que comunicarnos de primeira man, e que sirva tamén para a vosa participación.


10692 veces visto

Categoria: Hai que dicilo

Gustalles a: 40 usuarios

Data de subida: 5 de setembro de 2008

Dura: 0:39

Tamén en HD:

HD disponible

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

45 comentarios

Andrés Milleiro 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 1.59
Benvido!
Marcos Esperón 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 10.66
¡Unha iniciativa moi boa, as miñas felicitacións! ;)
adriana 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 9.07
Que ghuapo está...
ghanito 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 13.07
Parabéns pola iniciativa e o deseño ;)

A ver se a mensaxe acompaña.
roberto 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 9.07
Parabéns Anxo e iso, que a mensaxe acompañe, un saúdo
Iago Varela 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 5.67
Parabéns por esta iniciativa e o deseño innovador!
javimos 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 5.07
A ver si se animan mais políticos, que falla fai...
Santi-betanzos 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 6.07
Parabéns pola iniciativa e rogo mais innovación e contido na mensaxe política, este mundo non ten nada a ver co de hai uns cantos anos en precisa de respostas novas. Os cidadáns apreciamos ainda que non o pareza políticos e partidos que ARRISQUEN ideolóxicamente e que fagan cousas NOVAS. Co sorriso non chega. Sorte e adiante.
contradiscurso 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 4.07
Parabéns pola iniciativa, moi lograda! Ánimo, porque a web 2.0 é unha carreira de fondo.
alicate 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 2.03
Moi bien, agora tócavos explicar o proxecto, desenmascarar as mentiras, e convencer á xente de que non tedes cornos e rabo.... e de paso levar a cabo propostas coherentes co voso ideario pensando máis no mellor para o país que nos réditos electorais (ainda que si lle podedes sacar uns votiños ós sociatas e ós pepeiros, millor, jejejeje).
Licorka 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 5.07
Moitísimos parabén ao BNG pola iniciativa, e moi valiente, arriscada, innovadora e profundamente participativa. Animo

Noraboa tamén á navalla suíza, polo desenvolvimento, sodes moi bos!!
Harry_o_Potter 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Parabéns por este blog,decir somentes que o son e algo baixo,polo demaís ben.
Xá pasareí por eiquí de cando en ves.
anpeca 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 5.07
Parabéns, e tamén parabéns por utilizar e apoiar creative commons (contidos abertos).
Falvelo 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Parabéns desde o Reino Unido...e que sexa para ben!...e sirva como unha ferramenta de apoio e comunicación para a Diáspora.

Foto do Avatar :Delmi Álvarez.
gabinocg 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Noraboa pola iniciativa. Agardo que sirva para clarificar dúbidas sobre a xestión do BNG no goberno. Un saúdo.
liberdade 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Parabéns polo blogue. Deseguro que moitos peperos e sociatas o van a criticar. Mais, non me cabe a menor dúbida que tamén copiarán del.
Unha aperta
Galêzio 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.35
MEU CARO:
AVANTE ATÉ O FINAL, NÃO FAÇAS CASO ÀS CRÍTICAS DOS QUE AFIRMAM QUE O BNG VENDE GALIZA...QUE ÍAMOS LIBERTAR PARA LÁ SE NÃO TEMOS NADA QUE CONSERVAR? É UMA PERGUNTA QUE SEMPRE ME FAÇO. MAS TAMBÉM ME FAÇO OUTRAS...
QUE PINTA O "Ñ" NO IDIOMA DOS NACIONALISTAS GALEGOS?


Posso contar-vos uma anécdota, era eu um jovem "revolucionário" do BNPG,agora é BNG, anos 1980,quiçá, 81...(Era já reintegracionista e por esse motivo deixara BNG anos mais tarde,ainda que agora voltei!!)Estava eu,pois, na embaixada da antiga URSS em Madrid perto da Praça da República Argentina (Já daquela havia uma máquina da coca-cola à entrada ,manda caralho) e falando com o secretário da Embaixada que nos tinha recebido, ele perguntara-nos, éramos dous os "enviados":

-E este documento em que está redigido, em castelhano ou em galego? Ah! sim,em castelhano...españa com "ñ"!!

Evidentemente tratava-se dum documento que apresentava-mos (Três deputados que não prometeram nem "juraram" a constituição espanhola, eram outros tempo, verdade?)à Embaixada Soviética expondo nossa postura, assim como a outras embaixadas em Madrid...Repito que falo de memória e quiçá os dados possam variar um ano ou dous ou até três...Mas o que é certo é a anécdota do "Ñ"... O que nos recebia naquela altura da história sabia bem que o "ñ" só existe no Espanhol/Castelhano e de resto são parvoíces próprias da ignorância dum movimento serôdio, falo daquela altura, mas hoje tínhamos que estar já com alguns assuntos superados, não é? Que pinta o "ñ" no idioma dos nacionalistas galegos?
Galêzio 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Bom, aguardo não amolar muito com a minha "anedota" mas acho que o assunto é para comentá-lo porque tem delito o do "ñ"...Que pintará no nosso idioma...Os catalães têm o "ny", os portugueses o "nh" que é o nosso galego antigo...É dizer, todos os idiomas latinos têm uma grafia para o som no que só em castelhano soa "ñon",ñoño. etc-
Assim pois o porquê os galegos copiamos o "ñoño"?
nomade 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 8.88
Deus o día que deixen de marea-lo galego con cambios de norma ao mellor descubrimos que aumentan o número de galego falantes. Facer arqueoloxía da lingua é bonito pero aniquilador para o uso común do idioma. A ver se nos centramos e deixamos a normativa tranquila durante un tempo. Que as editoriais vendan literatura, fagan comic, mil contos ilustrados (ou con puntos para facer debuxos), recortables ou libros de arte; e deixen descansar as edicións de diccionarios cada catro meses.
motegar 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 6.07
Si señores, esta vez de primeiros. Alegrome polo BNG. Non te opreocupes, Touriño e Feijoo non tardan un mes en ter outro, son boísimos en copiar ideas, e senon que yo pregunten a Caballero en Vigo.
Que chegen as ideas e a mensaxe Quin.
ANIMO.
Falvelo 6 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 6.07
Prezado Galezio:

É verdade todo o que dis...pero tamén é certo que non hai que ser demagóxicos pois as linguas son entes vivos que, gústenos ou non, creanas os seus propios falantes. As linguas, compañeiro, son moito máis demócratas que algúns homes e mulleres que tanto falan delas.
Sabrexo 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 1.59
É certo que o son do vblog é algo baixo...
marisol 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Parabéns pola iniciativa e ánimo ao BNG. Unha aperta.
pluton 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
moi boa idea! e a sacarle proveito
Galêzio 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 5.07
AVANTE O QUINTANA E AVANTE O BNG...E AO QUE LHE NÃO GOSTE QUE SE FODA!!

"nomade" se não trata de "marear" nada, só fazer do galego um IDIOMA e não um "CARALHADA" só porque às caralhada nomeadamente os galegos lhe não prestam atenção...Sabias isso? Á que quando escreves castelhano te esmeras (de caralho) para escrevê-lo "correctíssima mente"?
Vou-che pôr um exemplo: o topónimo "Pobra" em lugar de Póvoa é rejeitado porque às pessoas destas vilas lhes lembra a pobreza, POBRA=POBRE? Foi um invento dos fabricadores de "bable" e isso tem um preço...
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
maraghota 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 1.07
En galego, non se cumpren anos, fanse anos, e portanto non hai cumpleanos nin cumpreanos, senón aniversarios.
eloi 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 2.07
boa iniciativa, todolo que sexa a contacto co pobo, ten atmosfera poetica e é moi humana, poderes usar as miñas imaxes, enemaisun.es, un saudo. eloy
eloi 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
un exemplo de web (en construccion) pero con axuda da xunta (comunicacion audiovisual)enemaisun.es, o xesto valeu para argallar a paxina, doutra forma ainda estariamos pensando en facela.
Henrique 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 5.59
noraboa pola iniciativa, que se vexa que o BNG é o primeiro en todo
Queimada galega 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Paréceme unha boa iniciativa, aquí vai unha miña: Cando vai implantarse a parella educativa nas Escolas Infantis dependentes de Vicepresidencia? Por que as Galescolas xa a teñen e as outras non?
Falvelo 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 6.11
Prezado Galezio:

O sinto pero estou con Nomade. ¿onde escoitaches ti "iso" da Pobra?. ¿cantos ademais de ti, falarían en Galego se mañá un goberno do BNG asumise o reintegracionismo?.

Por favor, deixémonos de demagoxias,dogmatismos e loitas estériles, e traballemos todos no mesmo sentido nesta oportunidade histórica, quizáis a última, para o nacionalismo galego.
benchycool 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Parabéns pola creación da paxina e a ver se non cae no desuso; que sexa unha util ferramenta de achegarnos mais ós nosos políticos.

Saudos dende Francia.
raxozorza 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 6.11
Sr. Falvelo, o que quere transmitir Galézio é precisamente o por qué a xente non dí "pobra". A segunda pregunta é unha incógnita...
A Madriña 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Parabens
República Galega xa 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Adiante Quin, agora a pola presidencia da Xunta para profundizar no cambio galego que tanta falta lle fai á nosa Galiza.
quicomaga 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Parabens pla iniciativa!!!!!!!!!
Falvelo 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 5.07
Prezado Raxozorza:

Entendín a pregunta de Galezio. E afirmo, como coñecedor da zona, que esa non é a razón de que a xente non guste do termo "Pobra".

A resposta é moita máís sinxela: Foi unha barbaridade e unha imposición da ditadura que nunca chegou a callar entre as xentes...como outras moitas no País. Sen máis.

¿A segunda?...A lingua evoluciona e a realidade é a que é...sen que iso signifique que dentro de cen anos a situación sexa outra mellor ou peor...¿Portugal parte de España?, ¿Unha Galicia-Portugal unida?...Evolución.
oxna 7 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.59
Hola Quin, gustaríame saber que opinión tes de Maril e o que está a ocorrer na Semana Verde de Silleda.
Desexo que a resposta non sexa políticamente correcta.
Graciñas
Aturuxo 8 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Gustariame deixar a miña opinión sobre algunhas cousas que vin. En epocas de represión fan falta xentes coma Galezio, radicais da lingua e do nacionalismo, son xente que moitas veces teñen o mesmo perfil, parece que queren as cousas para xa!. Pero estamos nun momento diferente, e non esquezamos que esto vai de votos, e de ofertar politicas atractivas a cidadania, e parte desta cidadania é moi moderada e escapa de radicalismos.
Non quero decir que critique opinións, faltaria mais, só digo que para facer crecer o voto moderado hai que ser moderado... (sen perder, loxicamente, a lealtade as bases), e xa habera tempo despois, cun respaldo masivo da cidadania, de dar un golpe na mesa no Estado Español
Falvelo 8 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.07
Prezado Aturuxo: Perfecto. Exactamente, ese é a mensaxe que envolve ós meus comentarios. Nun Estado manipulador e xudicializado en contra do Nacionalismo, os pasos en falso poden non ter solución para nós.
O Emprendedor 8 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 4.07
Boas tardes a todos/as
Isto é o exemplo do que podemos facer os galegos. A imaxinación, o esforzo, a lealdade entre nos, xa o temos demostrado polo mundo adiante.
Eu son empresario, e isto agora chamase I+D+i.
O domingo estaba a leer o xornal e saía a nova do VIDEOBLOG, e pensei``manda carayo estes tipos son excelentes´´
Unha cousa é segura, se tentas de facer cousas boas a cotio, se innovas todos os días e estas convencido do teu, amigo amiga, descoida que vas para adiante
Unha aperta
montealto 9 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.88
Parabéns pola páxina e un saúdo a tódolos que traballan por unha Galiza mellor.
Xavier 10 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 3.89
Parabéns, Anxo, pola excelente iniciativa deste videocaderno digital, uns parabéns que quero fazer chegar também ao Gabinete de Imprensa do BNG, às pessoas que fazem parte dele, e, nomeadamente, às pessoas que trabalham neste videocaderno ou "videoblog", porque este é um trabalho excelente e a ideologia de código aberto com que está realizado, para além do desenho, a facilidade que se oferece para descarregar vídeos em diferentes formatos, a possibilidade de comentar de forma aberta por parte de quaisquer pessoas, etc, fazem desta iniciativa um projecto excelente, inovador, e formoso que vem acrescentar as boas qualidades que tem o BNG para se achegar à cidadania.

Temos País, Língua e um futuro próspero com os projectos do BNG, e com a sua gente, que estão, e estamos, ao serviço da cidadania galega.

Anxo Quintana presidente galego já!

Sempre em Galiza, sempre em Galego!

Saúde e reflexão.
militante 15 de setembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 1.35
Según a enquisa de onte de "La Voz de Galicia", o BNG está nunha porcentaxe de voto inferior á do ano 93.
 
ANS