Estou dacordo en que se gaña o PP non voltamos os tempos de Fraga, voltamos a tempos mais atrais.
Fraga non fomentaba o galego pero cando menos non o agredia. Nin facia mitines en Prazas de Touros cheas de bandeiras españolas.
O Gaias é un saco sen fondo,coma contribuinte amolame bastante que non se adiquen eses cartos a cousas que son mais importantes.Fraga deixounos un enorme mausoleo, e nos vamos e llo rematamos.
Os cartos do gaias: para atender os dependentes.
Escarállome da risa ó escoitarche dicir que alguén está MARCANDO POLÍTICAMENTE Á CULTURA GALEGA ? Refíreste sen dúbida á Mesa pola Normalización Lingüística ? Estabas a pensar no embaixador da Cultura Galega en Bruxelas, Carlos Callón? Acaso o Instituto Castelao vai ser outro chiringuito cultural para COLOCAR nel ós que hoxe están nesa charla de Próceres ben Mantidos?
Mira Anxo o que empeza mal remata pior... Nestes 3 anos e medio non tivechedes acougo á hora de soltar subvencións alegremente a sectores que tradicionalmente foron ILLAS CULTURAIS, máis a culpa seguramente non é só túa senon desa \'maldita folla de ruta\' que marca Galeuscat e os acordos con nacionalismos ben burgueses e de largo percorrido en Cataluña e Euskadi.. (algo que aquí non temos nin de coña!)
E agora recolles as críticas e as peticións deses \'Señoritos Satisfeitos\' que medraron de golpe sen proxectos claros nin contidos suficientes como para levar adiante unha Transformación Cultural nesta terra complexa e antiga que é Galicia.
Sabes ben que unha rectificación a tempo podería ser UNHA VICTORIA PARA TODOS OS GALEGOS (non só para os que estades inmersos nese proceso miope de Nacionalización sen Nación).
Primeiro compre ter unha Cidadanía comprometida coa Terra e a Cultura milenaria deste pobo (non se pode demonizar a Risco nos libros de texto e despois vir a construir Centros de Investigación do Patrimonio Cultural de Galicia con millóns de €uros... Deixas que a IDEOLOXÍA traspase as fronteiras da Cultura demonizando ó pai da Antropoloxía Material de Galicia e despois queres que tódolos galegos e galegas AMEN á cultura galega?
Ben vés que agora nin siquera os que \'comeron abondo\' están por tirar do carro... triste pero xa cho advertín, as políticas de rexeneración democrática non se fan baixo \'estreleiras na praza da Quintana\' senon Gobernando para TODOS e facendo moita máis e mellor Pedagoxía Política.
Nunca pensei escoitarche dicir que con Fraga estaríamos mellor... jajaja
Quin... a vida non é un eterno mitin... a vida é iso que tentamos explicar mentras a vivimos...
E terás que recoñecer que a Mesa pola Normalización foi a primeira e a máis ousada en atacar non só ós que querían Liberdade Lingüística nesta terra senon tamén ó Presidente da Real Academia Galega cando fai xa máis de dous anos ADVERTIU que a recuperación da lingua galega NON era só unha cuestión de Imposición no Ensino... Tamén chegaron a abrirse páxinas para institucionalizar a DELACIÓN dos que non cumprían co Decreto Normalizador... mesmo ós Inspectores de Educación.
Bietio Lobeira cabalgaba daquela por terras de Estremadura e o Biezo coma o Cid que seica cabalgou despois de morto...? Pero así non é como se chega ó corazón da xentes do país.
¿Quen abriu a caixa dos tronos nesta terra sabia e Bilingüe? ¿Marisol...? Falemos en serio.
Mira Anxo tes un problema que se chama Paco Rodriguez e mentres non o recoñezas públicamente este país camiña cara a enfrontamentos que non a van levar a onde tí e todos queremos que estea.
Unha Nación non se construe sen mimar a Liberdade do seu Pobo...!!!
Unha Nación non é unha maioría Parlamentaria, nin siquera unha maioría nas urnas...!!!
Unha Nación somos TODOS !!!
Eu evidentemente NON son Anxo Quintana... nin siquera Antón Reixa... eu son un dos miles e miles de galegos e galegas que estamos a construir este país cada día que pasa co noso traballo, e que sofrimos unha Administración que non merecemos, e pouco máis teño que diciche que tí non saibas.
Saúde e moita sorte !!!