Enviado por:
Anxo Quintana

Resposta sobre o Courel

5 de febreiro de 2009

A miña resposta a "Nin falar se pode...", que enviou un vídeo preguntando se "O Courel existe".


488 veces visto

Categoria: Fálame

Gustalles a: 3 usuarios

Data de subida: 5 de febreiro de 2009

Dura: 1:30

Este video só está dispoñible en calidade normal

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

4 comentarios

Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
Este comentario ten moitos votos negativos. Amosar comentario
Sabrexo 7 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.17
Si home si, pero explícanos en concreto POR QUE propoñedes retirarlle a Galiza as competencias en xestión ambiental e ordenación do territorio e ao mesmo tempo lle pides explicacións a Quin. Chégame á alma o cantar si, como tamén me chegou á alma a túa pretendida equidistancia entre xenocidas sionistas e vítimas civís palestinas. Tamén moi bonito o teu apoio ao supremacismo de Galicia Bilingüe. E en que te baseas para dicir que non che deixan falar? Agradeceríache que pegases aquí a ligazón da páxina de Galicia Bilingüe ou do goberno israelí na que permitan facer comentarios que non sexan censurados. Grazas.
courel 7 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.56
Sr. Vicepresidente:

Moitas grazas polo ánimo, dende o Courel tamén, ánimo para vostede !

O Courel, non é unha zona rural calquera; para sorte e para desgraza, xunto con outras zonas da Galiza, a Serra do courel pertence ao monte, e noutras nacións máis desenvolvidas, xa teñen lexislación especifica para o agro e gandería de montaña.

No Courel non hai falta de actividade: canteiras, pistas, cortalumes, explotacións forestais, estradas para as canteiras, … e por fin eólicos.

E motivado por tanta actividade, é certo que hai abandono, a xente estorba, .. por iso é moi difícil desenvolver a gandería e o turismo no Courel.

Admiramos en sobremaneira a revolución de Allariz do 89, conseguiron vostedes eliminar o obstáculo que estaba sentado no Concello.

Pero o noso obstáculo está apoiado por multinacionais, grandes entidades financeiras e por conseguinte por varios partidos políticos.

O noso obstáculo, non só deixa morrer as troitas, tamén deixa desaparecer ríos enteiros.

Ah! e isto é moi gracioso ! ten tamén á Sr. Ministra, que polo inverno achégase ao Courel para recoller os pedidos de Nadal; no natal de 2008 pediulle un centro para maiores e, casualidade ou non, a Xunta acaba de anunciar na prensa a súa construción.

Moito ánimo !

Xa falamos!
 
ANS