O avandono do rural galego, e patente. E preciso crear estímulos para a xuventude, dandolles formación axeitada, e axudandolles a organizarse en cooperativas, incluido empresas de distribución e comercialización, formadas por eles mesmos. Pero e imprescindible facer unha campaña de formación profesional, con axudas económicas e tutorias técnicas. O Campo galego ten caracteristicas xeograficas e fisicas, como para ofrecer os mellores productos. En todlas partes os productos galegos son tradicionalmente apreciados, polo seu orixen.
A vida do rural podese orgaizar de xeito que as persoas de mais edade podan colaborar para poñelo en producción. Pero e preciso invertir no fomento de actividades revalorizadas, creando estimulos incluso para persoas emigradas de outros paises, que contribuirían así o progreso e desenrolo, abrindo vieiros de integración e cooperación entre as persoas e os pobos, criando vinculos basados na solidaridade e colaboración.
Agora e a oportunidade da agricultura alternativa, do gando de calidade, da artesania alimentaria, xa que cada vez son mais os que queren comer comida sana e natural. Tamén fomentar a economía de proximidade, recuperar tradicións, que, ainda sendo menos productivas en cantidade, a calidade de produto permite cotizar a prezos maís rentables, e que sendo ademais sanos, supon outra maneira de apreciar a rentabilidade dos productos.
É certo: qué está a pasar co agro? Que acontece coas canles de comercialización dos nosos produtos?
Na miña empresa temos que mercar:
- Cogumelos a unha cooperativa de Zamora.
- Derivados de parrulo, ganso etc., a un produtor catalán.
- Da froita xa nen digamos... manzás chilenas, surafricanas, francesas
E así até o infinito. Inda que un dos nosos obxectivos é a compra de prosimidade, a maior prezo se fixer falla, énos moi difícil ou imposible comprar a produtores do agro galego.
Coma nos quedemos sen agro, a ver que facemos, por que os cartos non se comen.Gostame a idea de maiores ensinando a xente xoven a traballar o campo.Poderíanse reconvertir parados das industrias en xente que vivise e traballase no campo, pero con unha axuda da administración está claro. Con tanta casa rural abandonada, sería unha boa opción darllas a quen traballase as fincas.O coperativismo tamén é importante.
Estou completamente de acordo con eneas; espero que se aposte polo agro galego porque é fundamnetal.