Enviado por:
quinte

De cara as eleccions en Galiza no 2009

21 de xaneiro de 2009

Urxe un debate aberto, e esta páxina e un bo comenzo. Pero e preciso darlle continuidade, e artellar un sistema de mantenimento e participación mais organizado... Temos unha proposta que poderira resultar interesante...

Quin respondeu a este vídeo:
Nesta categoría

Educación

20 de febreiro de 2009

Galescolas

18 de febreiro de 2009

Mineria sustentabel?

16 de febreiro de 2009

CORRUBEDO E O PLANO ACUÍCOLA

13 de febreiro de 2009

AS PENSION PARA AS VIUDAS...

13 de febreiro de 2009


1053 veces visto

Categoria: Fálame

Gustalles a: 14 usuarios

Data de subida: 21 de xaneiro de 2009

Dura: 3:16

Este video só está dispoñible en calidade normal

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible

21 comentarios

liberdade 22 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.17
Estou deacordo con vostede.
Eu, tamén penso que este medio non só se debe utilizar nestes intres, mais tamén é imprescindíbel despois das elecións.
Espero que lle conteste Quintana
Unha aperta
E: OXALÁ GAÑEMOS
maceirax 23 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 8.85
Precisamente paréceme que se algunha utilidade real ten esta iniciativa é alén das eleccións; pouca dúbida cabe de que, cecais, en plena campaña Quintana e o seu equipo pouco tempo libre terán para dedicarlle ao videoblog, por non dicir ás súas familias. Ao contrario que as malas copias oportunistas presentadas polos equipos dos señores Touriño e Feijoó, cuxa única posibilidade de colaboración cidadá é, lamentabelmente, ningunha.
pegrimaldi 25 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.03
Este home paréceme un pouco iluso...
Non creo que Anxo Quintana rompa a tradición dos políticos deste país, comprometendose a manter un debate cos seus votantes.
Por outra banda, os votos que vai recibir, xa están decididos. Dificilmente vay gañar novos votantes, e os que o voten, faranno maís por non votar os outros candidatos, que polos seus meritos.
Ademaís, ¿Que se pode facer frente o poder das multinacionais, que manipulan e controlan os políticos, incapaces de liberarse de esas ataduras, sexa por inpotencia ou complicidade?...
Eu ando a buscar o candidato que plantexe o enfrentamento co sistema, ofrecento alternativas de cambeo... De momento, ainda non o atopei, pero desta vez, renunciarei a votar "util", visto os resultados.
Rosselia 27 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.68
Pois a mín isto parécecheme ben, aínda que o vexo un pouco mediático de máis... Por outra banda, non é máis ca a materialización dunha boa idea que xa alguén tivo hai anos. Non si? So espero que desta vaia pra diante e que as propostas do señor do video sexan escoitadas, promocionadas e divulgadas coma se merecen. Esas e todas as que xere. Senon, non xogo.

Unha aperta e recordade "o voto máis útil é o in-util"

P.D.: Máis atención á contaminación e todo iso que xa sabemos tod@s!!
O Sireno de Vigo 27 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.71
As propostas deste señor parécenme atinadas. Moitas veces non nos é posible a comunicación co partido, ou a secretaría local é totalmente refractaria (caso Vigo).
Xa non digo preguntar de primeira mau como van as cousas do Búnker (Concello, Xunta...) que é como se nos presentan tales institucións ás veces.
O contacto co poder ás veces confonde os sentidos, e comunicar directamente cos eleitores e darse un bañiño de realidade.
Amigo pegrimaldi, eu estou desencantado con este meu partido, inda que no meu caso o máis útil é operar dende dentro como militante e traballar para mellorar as cousas.
O Sireno de Vigo 28 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.91
Por ceeeerto: Veño de visitar as páxinas de Torito e máis de Feij007. No é posíbel enviar cousa ningunha e moito menos resposta persoal. Só o consabido contacto por e-mail de sempre ó que che resposta un robot... moi acaído por certo co perfil dos candidatos, homiños de palla ó servicio dos corrillos da "Villa y corte" pero non dos cidadáns.
O Sireno de Vigo 28 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.09
Corríxome a min mesmo: Madrid, visto o escándalo de Mortadelo, Filemón, a TIA, Espe e Gallardón parés máis corte ca Vila.
O Sireno de Vigo 31 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.00
Xa me mosqueei un chisco.
A parte da pouca participación.... hai alguien da outra banda da pantalla???? (Digo que non sexa para censurar, que Franco o facia moi ben).
O Sireno de Vigo 31 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.52
Mais ca nada, se o candidato só resposta ó que está no guión, sobra o gasto neste tipo de lerias, para iso que nos mande un folleto á casa....
quinte 31 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.65
Para "O Sireno de Vigo"

Recibín unha mensaxe do equipo quin.tv, que pode aclar as tuas dudas:

Ola, Miguel

Aínda que pareza que é sinxelo, :), é un pouco complicado cadrar o momento técnico da filmación coa webcam coa axenda a que obriga o cargo de vicepresidente. Está prevista a resposta en breve, pero tampouco che podo confirmar exactamente un día para a publicación das respostas. Pero seguro que as haberá, e axiña.

De todos os xeitos, moitas moitas grazas por dar o toque.
(Ata aquí, a mensaxe de quin.tv)

Eu escribira: "Observo que Quin leva varios dias sin responder as mensaxes postas na sua web...

E posible que se trate de problemas de "axenda", pero non sería adecuado delegara en alguén da sua confianza para asumir as respostas?... O efecto de unha promesa fustrada pode ser moi negativo. O que se esforza en participar, o comprobar que non e atendido como esperaba (ainda que sexa para ver rexeitadas as suas propostas) pode ter unha reación negativa... "
quinte 31 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 3.29
¿Non e poden incluir dous comentarios seguidos?
quinte 31 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.30
Para o Sireo:

Eu escribin en resposta a mensaxe de quin.tv:

Naturalmente que non é nada sinxelo. Pero non esqueza que o importante é o contacto, o dialogo, e o accesorio e o video. Tampouco desmerece que se delegue en quen sexa de sua confianza...

Ademaís, polo que vexo, falaconquin.com ainda está aberto, e alí nin siquera se publican os comentarios dos visitantes (todos pendentes de moderación), e alguns deles desapareceron sen explicación algunha.

Insisto que para min a idea e moi positiva, e pode ser útil: Axuda a crear confianza entre o candidato e as persoas que podan votalo, e tamén pode servir para atraer outras persoas...
quinte 31 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.41
Para o Sireo:

Eu escribin en resposta a mensaxe de quin.tv:

E a oportunidade para marcar diferencias con outros partidos, pois moitos botamos de menos unha campaña na que os candidatos e candidatas dialoguen polo miudo dos seus programas, dando oportunidade para opiñar o ofrecer propostas que podan supoñer soluccións a vellos probldemas.

Construir un programa, recollendo, no posible, propostas das persoas que teñan algo que decir, (respetando os límites marcados polos obxetivos e idearios políticos do partido) debatindo sempre y deixando un testimonio que poda servir para, superadas as eleccións, facer un seguimento do cumprimento ou non dos obxetivos, dialogando sobre as causas, e permitindo un debate permanente nunha asamblea aberta a través da web.

Ainda que voto o BNG, non teño afiliación a ningún partido... Quero decir que o meu voto faise dende unha perspectiva de "utilidade", pois non conozo outra alternativa mais axeitada a o meu ideario político, pero teño que recoñocer que non sempre me sinto satisfeito co que vides facendo. Creo que esta e unha actitude común a moitas persoas, e os que pensamos que pode ser que o BNG sexa a millor opción, esperamos se consigan millores resultados marcando diferencias cos demaís candidatos, pois é a os indecisos os que hai que convecer, marcando diferenzas cos demais.
quinte 31 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.50
Para o Sireo:

Eu escribin en resposta a mensaxe de quin.tv:

Pero ainda que se millore (ou se manteña) quin.tv non podemos esquecer que o ambito de internet é limitado, polo que habería que pensar nunha estratexia de utilizalo medio maís alá dos "navegantes".

Nas sedes e nos lugares propicios, ter unha conexión permanente, a vista dos visitantes, con tutores que expliquen o funcionamento e axuden a recoller propostas das persoas que o desexan. Equipos itinerantes, tomando contactos directos nas ruas e nos domicilios, facendo unha especie de "TEÑO UNHA PREGUNTA PARA VOSTEDE" que logo se poda ver por internet, e nos lugares onde se poda poñer unha pantalla conectada a un ordenador, para dispoñer do´"último". (Non digamos si se pode contar cos medios --radio, TV, prensa-- para darlle maís difusión).

Non pretendo explicarlle a ninguen o que debe facer. Pero compartir ideas, e propoñer alternativas é a miña profesión, en realidade moi cómoda, pois son outros os que toman as decisións comprometidas.
quinte 31 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.62
Para o Sireo:

Eu escribin en resposta a mensaxe de quin.tv:
Si algo me preocupa, é o xeito que vai tomando a sociedade, cada vez maís enmerdada e lonxe de un modelo solidario, axeitado a unha economía o servizo das persoas, respetuosa co entorno. Habería que ter menos precupación pola creación de postos de traballo de discutible utilidade, sinon que repartir o traballo entre todolos traballadores. Menos horas, por xornada, non mais. E necesaria mais atención a conservación dos recursos e a calidade de vida. Temos tecnoloxia de abondo para resolver ou paliar os grandes problemas, pero debe servir para beneficiar as persoas, e non para que as empresas gañen mais, pagando menos salarios. Reparto equitativo do beneficio.

Estamos rexidos por unha filosfia basada no diñeiro como principal motor de estímulo da actividade humana, cando os cartos son unha entelequia basada nuns convencionalismos perfectamente superables. E moi triste oir a un responsable do goberno decir algo así como "E lóxico que o úneco obxetivo das empresas sexa gañar a maior cantidade de cartos posible..."

Estamos asoballados por unha nova doctrina relixiosa?... Ou recoperouse o mito da adoración do boi de ouro?... O lóxico e que as empresas (as persoas) desenrolen unha actividade útil para a sociedade, a cambeo da cal outeñan beneficios económicos... outra cousa e manipulación i especulación que somentes xenerarán miseria, desaxustes sociais i economicos e insolidaridade.

E certo que as veces, pode ser necesario adoptar métodos e "facer o xogo" do enimigo. Pero, coidado! non sexa que estemos reforzando o sistema que queres combatir !...

No remate, creo que, dudas, teño poucas. O que me sobran, son propostas (Vos interesan?)...
quinte 3 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.18
Tal como dis, é certo que da crise fálase moito, pero "non se analiza" nada...

Pero querido Quin, non vexo que vos fagades algo distinto.

Non quería entrar a dar a miña opinión respecto as causas desta situación, pero algo teño que dicir: a crise non foi a causa de un SURAMI, nin por culpa dun aerólito, senón que e un resultado previsible (e prevido polos que están a lucrarse con ela) de mais de 20 anos de disparatada xestión financeira administrada por uns depredadores, que veñen actuando ante a pasividade de un poder político manatado ou secuestrado ou comprado ou incompetente (xa tanto nos dá) que non ten a mínima intención de aplicar a única solución eficaz: erradicación do sistema financeiro actual, e de paso, aplicar unha economía dirixida conseguir o benestar das persoas, respectando a natureza e en base a un crecemento sostible baseado na solidariedade e colaboración entre as persoas e os pobos.
quinte 3 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.26
E tamén certo que as competencias para arranxalo están onde están, pero paréceme que a Xunta ten algo que dicir respecto as Caixas de Aforro, entidades nacidas para combatela USURA, fomentar o aforro popular, e dar servizos financeiros a comunidade onde radique, sen aventúresmos especulativos na búsquea de grandes e perigosos beneficios.

Pero as Caixas están reconvertidas, dende fai 20 anos, en emuladores dos bancos comerciais, especializados en espoliar ou teixido económico e arrasar cas economías familiares e das PEMES.

E o curioso e que alardean de que están gobernadas por un consello de administración elixido popularmente, o marxe dos políticos (¡As Caixas non deben de estar politizadas! --din cinicamente--) cando o método de elección dos conselleiros e por sorteo, sen control nin mínimas garantías democráticas.

Estou seguro que si as Caixas melloraran, en vez de perder, a súa actitude de servizo a sociedade, os bancos terían que refrear as súas ansias especulativas, e que o problema do ladrillo non sería tal, pois houbera xerado tantos ou mais postos de traballo, pero facilitando vivendas a un prezo xusto.

Por exemplo, a desaparecida Caixa de Aforros MUNICIPAL de Vigo que os primeiros alcaldes "democráticos" se apresuraron a desligar do municipio, construíu milleiros de vivendas que logo vendeu a prezo de custe (un 35% do valor do mercado), embolsándose unha saneada ganancia do 7% do capital invertido, sen especulacións, e creando postos de traballo para as empresas constructoras.

Pero diso xa fai mais de 30 anos... Decidiuse polos mandamais que o tema das vivendas, mellor deixalo para as entidades privadas, que son mais "eficaces": gañando cartos, claro.

As caixas confórmanse con dar créditos os promotores, posto que a eficacia definise pola concentración de beneficios e a distribución de obrigas, diluíndo o crecemento dos custes no tempo, para que sexa mais fácil animarse a comprar, non en función dun custe total, senón baseándose no custe mensual, sen pensar cantos meses van ser necesarios.

Ata houbo unha modalidade de hipoteca, na que os primeiros anos pagase unha pequena cantidade, e logo esa cuota mensual multiplicábase por cinco...

O importante era vender, cumprir o obxectivo do trimestre...

¿Que mais cousas fan as Caixas?... Pois por exemplo, cancelar préstamos con cargo o fondo para falidos, malia que o debedor teña pendente de cobrar da mesma caixa facturas por dirección de obras por un importe superior á débeda, de varios millóns... Pero é un amiguete que se prestou a facer de cabeza de turco nun *negociete que saíu mal, e agora, non é bo deixalo na estacada. (Non vaia ser que tire da manta).

Así pois quizás dende a Xunta se poda facer algo cas Caixas de Aforro: Analizar e controlar as súas operacións e observar e sanear o sistema de eleccións dos seus consellos.

De inmediato, e para as entidades financeiras en xeral, limitar as recargas por mora a o 1% mais dos xuros pactados.

Que renuncien a aplicar subidas de xuros, en tanto dure a crise.

Conceder moratorias ou esperas nos pagos, sen penalización polos atrasos, e poder o prestario renegociar as condicións dos créditos, axustándoos á súa realidade como pagador.

Que apliquen, de forma inmediata, as reservas constituídas como fondos para falidos, para sanear as súas carteiras de activos, favorecendo primeiramente a os pequenos clientes: familias, autónomos e micro empresas, amortizando as súas débedas.


Tampouco debemos deixarnos impresionar (seguirlle o xogo a través dos medios a os especuladores que están a aproveitarse da crise) por algúns indicadores utilizados parta sacar conclusións apresuradas:

-Os vaivéns das bolsas non teñen, no inmediato, moito que ver ca marcha real da economía. As bolsas son auténticos casinos onde se xoga a especular, pero con cartas marcadas. Sube e baixa a impulsos claramente controlados, e que son os que permiten que siga sendo fonte de beneficios para os que manexan o cotarro.

-Morosidade non implica, necesariamente, IMPAGOS. A morosidade e outro método para acrecentar os beneficios dos bancos, por eso fan todo o posible para que se produza.

O sistema de préstamos bancarios preveu toda un entrabado de medidas para evitar perdas, contratando seguros (que paga o prestatario) creando fondos, e mantendo un diferencial nos intereses suficiente como para soportar mais de un 15% de impagos, que, unha vez executadas as garantías, nin sequera chega a representar un 1%, do volume dos préstamos, tendo en conta que ademais que os procesos de execución non son os mais doados para obter o máximo rendemento. (Quizá porque o que exceda do importe da débeda --artificialmente incrementada-- tense que entregar o prestatario deshauciado.)

Neste pais, no caso das hipotecas, algunhas estarán abaladas persoalmente, o que quere dicir que si a subasta do inmoble non cubre total da débeda, o prestatario responde con outros bens que teña. Por iso se chegaba a conceder prestasmos por mais do 100% do valor da vivenda!...)

Fai anos os préstamos pagábanse en liquidacións mensuais: Un importe constante para amortizar (Total do préstamo dividido polo total de meses de duración) mais uns intereses calculados mes a mes sobre o resto pendente. Esto supoñía que o importe do recibo iria diminuíndo cada mes (psicoloxicamente asumíase un pago mais alto, ca perspectivas de que o mesmo iría baixando) pero ademais representaba un abaratamento no pago de intereses.

Loxicamente, como o afán dos bancos (e agora tamén das Caixas) e gañar o máximo posíbel, aplicase a moda de pagos iguais tódolos meses. Así os incrementos dos intereses repercuten mais, e os bancos gañan mais.

En fin, xa me enrolei de abondo... ¿Ten o BNG algún plan respecto a o control das caixas e democratización da elección dos membros dos seus consellos?...

¿Cal e a postura do Bloque fronte os privilexios da Banca privada?...

¿Téñense plans de mellora para o servizo de vixílancia e control da Banca, para evitar concorran a operacións de economía lixo, participación no comercio das armas, das drogas e demais negocios sucios que so son posibles ca participación de grandes fondos financeiros?

¿Deberíase voltar a dispor de unha banca oficial especializada (Banco Hipotecario, Banco de Crédito Local, Banco Exterior...), xa fora a nivel estatal ou de Galiza?...

¿Non sería mais doado nacionalizar a Banca, convertendo as súas acción en obrigacións a % fixo, e os beneficios dedicalos a crear fondos socias cos que atender o paro, a Seguridade Social, as pensións a educación, etc...?

Ten o BNG algún plan para promover a implantación da Banca Ética en Galiza, favorecer a creación de Cooperativas de Crédito, apoiar ás Cooperativas de vivendas sociais, axudar á xeración de auto emprego mediante o impulso das cooperativas de traballo asociado?


M.A. Quinteiro.
669781006 – maqmaq@gmail.com
pegrimaldi 12 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 5.49
Aqui haberá que borrar laguns mensaxes, pois ainos repetidos... Tamén algún é demasiado longo.

Pero en xeral, o que se dí, ten sentido...
quiñorancia 12 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 6.00
Eu penso que o unico que queda a desobediencia civil e esixir por todolos medios que teñan en conta a opinion da cidadania concienciada (forzalos a establecer mecanismos participativos e vinculantes ¿non se reunen cos empresarios? ¿por qué non se reunen cos colectivos sociais?) hai que deixarlles ben craro que non lles imos votar, resiñados por non ter nada millor (eu xa non trago a mesaxe "ou nós ou o caos do PP" ). Quero políticos intelixentes, nin populistas nin que pasen o tempo sementando e colleitando votos
quinte 13 de febreiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 2.99
Para QUIÑORANCIA...
Tes razón: as veces parece que o úneco camiño e a desobediencia civil, podería ser unha forma de conseguir cámbeos imprescindibles, pero a cuestión é se existe un número significativo de persoas dispostas a facelo. Creo que outro camiño é provocar contradicións no sistema, conceder unha marxe de confianza a certos candidatos, e logo estar preto deles para lembrarlle os seus compromisos, e apoialos nos seus momentos de dificultade... O problema é atopar aos candidatos dispostos a dar a cara, a manter un diálogo e un devate permanente para facer que as persoas cheguen a coñecer a realidade da situación. O Internet pode ofrecer unha maneira de crear esa conexión entre os politicos e o resto do pobo. E algo manifestou Quintana nese sentido... A ver como se conxuga.
quinte 2 de marzo de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 4.55
Lamento o resultado, pero penso que tedes que empezar xa a pensar nas próximas...

Non sei si vos interesa a miña opinión, pero nembargantes vouna a dar: Sen entrar nunha discusión ideolóxica, e pensando unicamente no proceso electoral, cheo de contradiccións e inconvintes, pero as posibilidades eran as que eran, e témome non foron ben aproveitadas.

Primeiro, aínda que no se referiu a BNG, non se debeu deixar sen resposta a acusación da “dilapidación” na Xunta , xa que afectaba a tódolos que gobernaban.

Segundo, a pesares das diferencia co PSOE, dar unha imaxe de pelexas, prexudicou a ambas opcións políticas.

Terceiro, aínda que non hai dubida da lexitimidade das medidas respecto o galego e as “Galiscolas”, debeuse evitar a alarma que en certos ámbitos causan certas aptitudes, pois sen dubida eso mobilizou a algúns votantes que o mellor non houberan votado o PP.

Carto, o BNG non se presentou como o que, un BLOQUE, notándose a falla de moitas persoas, mais ou menos coñecidas, dando a sensación de que, por riba das posibles diferencias ideolóxicas internas, faltou un pulo de unidade, que quizá fixo quedar na casa algúns votantes de outras ocasións.

Quinto, non se fixo ningún intento de aglutinar as forzas da esquerda, Aínda que o certo que o numero de votos que obtiveron, non é significativo, pero habería que contar cos que non votaron. (A pureza da ideoloxía non debe estar rifada coa tolerancia e os pactos electorais, dentro dun espectro político máis ou menos amplo, coincidente en contra do sistema)

Sexto, O goberno da Xunta tivo, na súa executoria, un fallo de estratexia, que afectou a ambos socios: os funcionarios, incluíndo certos altos niveis de responsabilidade, eran os mesmos que traballaran co PP. Indubidablemente, non se trata de expulsalos a todos, pero faltou un dialogo con e unha formación dos mesmos, para que tomasen conciencia de que os tempos eran outros, a operativa diferente, e "olliño" con reflectir, nas súas actuacións, as súas preferencias políticas. Moitos dos logros positivos na vosa acción de Goberno quedaron desvirtuados no momento de ser "aplicados" polo funcionario de vez.

Octavo, e notoria a actitude dos Medios, así pois tíñase que facer un sobre esforzo para difundila mensaxe, que tiña que chegar a moitos mais que os meros votantes do BNG... Púxose todo o énfases nos mitins, pero a eles so van os que van votar xa... O meritorio traballo feito en Internet, non se lle deu espallamento, nin sequera nos mitins dábase información sobre a súa existencia, recomendando se espallase, incluso deberíase haber organizando equipos para a súa difusión, reproducíndoo en directo en encontros, e buscando a participación da xuventude en algo mais que tópicos que nun serven para explicar a ideas, ou estas quedan desdibuxadas... Incluso debeuse reforzar a dedicación a quin.tv para que a súa difusión fora mais ampla, con mais xente dando respostas as preguntas plantexadas, e os debates abertos.

Xa excedín o limite leible, pero agora non vou recortar nada máis que o que me queda no tinteiro...

Gustaríame, tal e como se propón nunha resposta de Quintana, que vos pensásedes seriamente manter esta liña de dialogo aberta, pero engadindo outras ferramentas que o fagan máis potente i eficaz...


Quinte,
www.adebate.net
669781006
Intergal, Sociedade Cooperativa Galega.
 
ANS