Que o Courel un dos espazos miticos e o mais importante a nivel de biodiversidade, con referencias etno-culturais de primeira magnitude, orixe da nosa cultura pois, xunto con Lucus Augusti, capital da Gallaecia romana, foi a primeira zona comercialmente importante. Que para o Courel existan intentos de declaración de concello mineiro e que -incriblemente- non estea declarado Parque Nacional -ou cando menos, natural- semella unha situación terceiromundista. Que en vilas limítrofes como Sarria, Monforte e pobra de Brollón non existan titualcións de tecnicos medios de FP relacionadas co aproveitamento dos recursos naturais somentes evidencia unha deixadez política sin parangón no contexto europeo. Supoño que acabará vindo a Nestle ou a Coca-Cola-Aquabona a instalar na zoa fabricas de auga, e outras multinacionais a recoller as herbas medicinais abondantes na zoa, ou ben outras a aproveitar as castañas que cada ano apodrecen no chan, recoller e comercializar as setas, facer biocombustibles ca madeira das polas que caen cada ano. Digo esto porque coido que a cidania galega non permitira que plantexamentos terceiro mundistas como o da actividade mineira que o parecer e o unico plan que se lle ocurriu o actual goberno. Tamén ¿para cando observadores medioambientais que protexan e organicen a zona? ¿para cando rutas de sendeirismo que, ademasis de abrirse teñan mantemento pois cada ano a vexetación medra e pecha os camiños? ¿para cando excavacións arqueolóxicas, algún museo etnografico, algún centro de observación e catalogación dalgunha das universidades galega?¿cando, en fin, será posible que esas comarcas do Courel, únicas en Europa, non pasen do feudalismo medieval o caciquismo capitalista?. ¿Para cando un plan político de desenrolo sostible e racional?
Noraboa Erasmo, polo vídeo e polo texto, salvo no dos biocombustibles que eu camabiaríao pola compostaxe para facer esterco para os cogumelos. Moitas grazas Erasmo, por tanta axuda desinteresada.
Esperamos algún día ser capaces de aproveitar toda a axuda que milleiros de cidadáns nos ofrecen para salvar o Courel; e volveremos algun día, as courelás e courelaos, a ser recoñecidos cidadáns galegos de pleno dereito.
E con toda esa forza, será lberada algún día esta fermosa terra do asoballamento “valdiorrés”, do colonialismo forestal e da miseria ambiental.
E iremos a Compostela por terras liberadas
Porque como parece que dixo Quin, na praza da Quintana, que ao parecer dixera Novoneyra: “ aforza do amor de tanta xente non vai ser inutil”
Estou co que di Erasmo. Hai que comezar por comprometerse ca Terra, e que mellor punto de partida que o Caurel. Moitos ánimos aos de SOS Caurel, e grazas polo moito traballo que levan feito, mesmo contra as contraditorias politicas do bng no governo. Non caerá en saco roto.
E cando contestara QUIN a ERASMO sobre este video?
Quiñorancia non é erasmo, o texto o escribín eu, son unha muller, saúdos
GALIZA NON SE VENDE (plataforma que aglutina a múltiples asociacións) abre este sábado en Vigo unha caravana de actos que percorrerá oito cidades e vilas do país. A primeira actividade será un concerto na Fábrica de Chocolate da cidade do sur. A partir das nove da noite actuarán Nenö, Dakidarría e Dsskartes Band e haberá proxeccións audiovisuais e paneis informativos.
A plataforma culminará todos estes actos o 15 de febreiro, en Compostela, cunha manifestación nacional. Segundo informa nun comunicado, Galiza Non Se Vende pretende denunciar a actitude continuísta do Goberno con respecto ás "viciadas e denostadas políticas anteriores", "caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos" sustentábeis.
Segundo explica Galiza Non Se Vende, a actual crise está a poñer de manifesto a febleza deste sistema económico "que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias". As mobilizacións convocadas pola plataforma xorden como unha reacción contra a destrución da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade, contra o urbanismo caótico e as infraestruturas irracionais.
A rede esixe un cambio de rumbo inmediato "que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas" co obxectivo de construír "unha Terra viva e unha vida digna para todos".
A participación cidadá non consiste en que o BNG che pague un salario para que o critiques. Pensas que o vicepresidente da Xunta non ten máis que facer que debater cun antinacionalista no seu propio vlog? Moi bonito o do Courel pero calquera que lea os teus comentarios xa se decata de por onde vas. Por que non lles pides aos teus amigos os xenocidas sionistas que che monten un blog onde poñernos a parir? Ou Galicia Bilingüe?
O dislate alcanza o grao culminante, esixíndolle ao vicepresidente explicacións do que fan outras áreas gobernadas por outra forza política. Terá que ver conque os auténticos responsábeis do denunciado "non che deixan falar"? Saúdos.
Gustaríame conectar co teu correo...
O meu e:
pegrimaldi@hotmail.com
Tamén teño unhaweb, que che pode interesar: www.adebate.net
Parés que furrula mellor o diálogo entre nós que co/s administrador/es da páxina.
Eu son pequeno empresario. Levo anos á percura dalgunha propriedade, pequena aldea ou similar onde desenvolver un proxecto sostible, con incidencia nas produccións e empregos locais. Non o consigo. A información dos diversos búnkeres burocráticos remítese a folletos de propaganda. E logo, os prezos das ditas propiedades non fai posible a rendabilidade do proxecto sen axudas. Paso horas a estudar DOGAS e vexo que teño que cumprir obrigadamente as normativas de 3 ou 4 consellerías cuias normativas son incongruentes entre sí: o que para unha consellería é condición ineludíbel para a outra é totalmente proibido, caso das cotas máximas das fachadas en rehabilitación de edificios antigos.
E logo vexo que os que máis flagrantemente incumpren ditas normativas son os proprios edificios da Administración, algúns deles catalogados e protexidos.
Penso que iso trascende siglas políticas e ten máis que ver con cuestións de privilexios e corporativismo burócrata. Logo vexo tamén que os fondos FEDER os levan caseque sempre os mesmos organismos, grandes empresas e istas lerias.
Cando a pequena empresa supomos perto do 90% do emprego do pais, as liñas de axuda dos diversos gobernantes favorecen maioritariamente ás grandes, que dispoñen de "cabildeiros" nos despachos da Administración para mover os seus intereses, alén de técnicos que lles preparen os proxectos, etc ... ¿Como imos rachar estas inercias?
Moito me temo que tedes razón: antes virá a Netlé ou Bonaqua cunhas axudas do recopón, moito bombo mediático para o político de turno e sen trabas burocráticas fará o daño que lle pete, ca unha pequena empresa comprometida co país poida incidir en entornos como O Courel.
Por certo, se queredes ver o que é información e xetión de proxectos, visitai as páxinas da Generalitat de Catalunya, as dos governos rexionais de Franza ou da propria administración británica.
Solventan trámites que aqui temos que resolver pagando minutas esaxeradas a xestorías, advogados, economistas e "cabildeiros" varios.
¿Será que os nosos políticos sacan tallada de que isto sexa así?
Moi bonito o vídeo do Courel, pero se sae adiante a proposta dos correlixionarios upeideiros do autor do vídeo, Quintana pouco terá que dicir ao respecto. UPyD PROPÓN SUPRIMIR A METADE DAS COMPETENCIAS DA AUTONOMÍA GALEGA, entre elas ordenación do territorio e xestión de espazos naturais.
Sabrexo non tería pena algunha de que derogasen as \'competencias\' en ordeación do territorio se isto supón a Declaración de Parque Natural Courel - Ancares e a correspondente financiación e xestión participativa da cidadanía no desenvolvemnto deste futuro Parque Natural en Galicia.
TODO antes que ver a desfeita destes \'falapouco\' que destrozan a Devesa da Rogueira con pistas que non se sabe a onde van... e gastan os orzamentos entre compadres da mesma calaña... dese Conselleiro de Medio Ambiente mentirán e incompetente... que fala de grandes planificacións mentres deixa ir adiante á Canteira da Campa sen pena nin gloria para os ríos Lor e Lóuzara...
Todos dicimos amar a Terra... mais parece que a algúns non lle doe vela aberta e ferida de morte... curioso amor é ise que non se compadece de ninguén nin que o vexan morrendo...?
Invítovos, agora que momentaneamente podo falar, a comparar dous xeitos de ver Galicia.
Como territorio a expoliar e man de obra barata:
galizanonsevende.org/WordPress/wp-content/6a1.jpg
Como a terra que herdamos dos devanceiros e temos a obriga de coidar para o futuro de todos:
www.youtube.com/watch?gl=ES&hl=es&v=PW5O1P6VWLs
E se a alguén este \'cantar de cego\' non lle chega á alma... será que non é parte desta Terra...
Porque a Terra somos Nós...!
Eu non quero Estatutos de Papel...
Quero un Alba de Gloria no Courel...!
Si home si, pero explícanos en concreto POR QUE propoñedes retirarlle a Galiza as competencias en xestión ambiental e ordenación do territorio e ao mesmo tempo lle pides explicacións a Quin. Chégame á alma o cantar si, como tamén me chegou á alma a túa pretendida equidistancia entre xenocidas sionistas e vítimas civís palestinas. Tamén moi bonito o teu apoio ao supremacismo de Galicia Bilingüe. E en que te baseas para dicir que non che deixan falar? Agradeceríache que pegases aquí a ligazón da páxina de Galicia Bilingüe ou do goberno israelí na que permitan facer comentarios que non sexan censurados. Grazas.
Xa vexo, cando foi o levantamento do gueto de Varsovia, ti estarías con todas as vítimas, cos xudeos e cos alemáns por igual, supoño. Pero fai o favor de fundamentar a vosa proposta de retirarlle as competencias á autonomía galega. Non te fagas ilusións, o tema do galego en Galiza non é ningunha polémica, sodes só catro gatos. E aínda estou agardando pola ligazón dunha páxina de Galicia Monolingüe ou do goberno israelí onde se poida falar sen censuras. GRAZAS.
TODOS A SANTIAGO O VINDEIRO DOMINGO 15 DE FEBREIRO...
Se Quintana está de acordo con GNSV xa podía darse unha volta polas rúas de Santiago... sempre pode resultarlle instructivo ter algo máis de contacto coa Cidadanía e menos coa Moqueta...
galizanonsevende.org/?p=663
Eu penso que o unico que queda a desobediencia civil e esixir por todolos medios que teñan en conta a opinion da cidadania concienciada (forzalos a establecer mecanismos participativos e vinculantes ¿non se reunen cos empresarios? ¿por qué non se reunen cos colectivos sociais? -e, por suposto, forzalos a unha burocracia transparente, e certo que cataluña e francia son outra cousa) hai que deixarlles ben craro que non lles imos votar, resiñados por non ter nada millor (eu xa non trago a mesaxe "ou nós ou o caos do PP"