Necesitamos un tren de cercanías en condicións para Galiza.Se non tes coche, ás veces é unha tortura chegar a pobos pequenos.¿E por que non metro para Vigo e A Coruña?.
Para forma alternativa de transporte á da cidade de Pontevedra, a única con alcalde do BNG e tamén a única sen transporte público urbano. Miña nai, cantos quilómetros a pé e chovendo...eu tamén quero ser Anxo Quintana e ter o meu chofer á porta da casa...bueno, co bus xa me chegaba.
Do tren, nin falar...
¿Que se está a facer na Xunta con respeito ó transporte en Vigo? Nomeadamente rede ferroviaria de cercanías e metro soterrán (eléctricos, of course, que para iso temos superavit de producción).
¿ Ou imos a agardar que Abel Caballero (ui! como o ponche!!!) nos venda outro cromo en 3D pagado a prezo de ouro ó prósimo premio Pritzker?.
Perdón pola pregunta escrita, pero é que non teño web-cam.
Para ke o transporte público sexa viabel, ten ke ser fundamentalmente PUBLICO, co tema das concesión e as pelexas polas zoas de "cada compañía" o único ke se fai e deixar desatendida a necesidade da xente, xa ke "como non compensa... non hai servicio" total, por dous veciños de nada... Por que non se poñen microbuses ou furgonas habilitadas no rural e se dá un servizo de verdade? Eses buses enormes contaminantes e perigosos ke POUCAS veces se ven polo rural, con dous paisanos... Non ten senso e menos nos tempos que corren. Sería preferibel poñer un carro de vacas cun circito continuo(e tampouco e mala idea....)
Pero é fundamental unha rede funcional no rural. E nas urbes o tranvía electrico, pero non só para toristas, senon funcional (eu peroalmente, proibiria e entrada de coches nas cidades: grandes aparcamentos nas aforas e un servizo BO de tranvía, con tramos cada 2-3 minutos) Ou algo así, porque cada vez este mundo é máis invivibel! notáchedes ke cada día hai máis coches en circulación, e logo falan de crisis! Se dentro de pouco non imos coller no país! vamos ter ke ir colonizar outros planetas para gardar o coche... Habería ke limitar a fabricación de tanto coche e promover outras actitudes e medios!!