Enviado por:
Anxo Quintana

Resposta a Mónica: sobre a crise económica

3 de decembro de 2008


333 veces visto

Categoria: Fálame

Gustalles a: 11 usuarios

Data de subida: 3 de decembro de 2008

Dura: 3:25

Este video só está dispoñible en calidade normal

Nas redes sociais

Chuza Ico Delicious Ico Meneame

código para poñer na túa web

Enviar por mail a un amigo

HD disponible
Ico Avi

En formato AVI En Divx. Máis lixeiro e compatible.

Ico Mpeg

En formato MP4 A máxima calidade no menor espazo.

Ico Ogg

En formato OGG Un formato aberto de grande calidade.

4 comentarios

eneas 3 de decembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 6.83
Será o esgotamento dos recursos naturais, e a diminución da calidade de vida, o que finalmente nos levará a desenrolar e usar de forma efectiva novas tecnoloxías limpas e abandonar o capitalismo de consumo, o usar e tirar.Paréceme demencial que se entenda que a economía vai ben só cando as empresas obteñen máis e máis beneficios.Enton? é posible o crecemento eterno? E non sería máis racional a sostibilidade?.Compramos, usamos e tiramos, compramos, usamos e tiramos, e así nun ciclo infinito, degradando o planeta, esgotando os recursos e acabarémolo pagando.eses cartos que se dan para axudar ás empresas que se invirtan en novas tecnoloxías, proxectos sostibles que non arruinen o planeta.Páreceme unha boa idea que se promova a construcción de vehículos limpos de nova xeración nas fábricas de automoción
Mónica 4 de decembro de 2008 Votar positivo Votar negativo Karma 7.24
Grazas pola resposta. Eu creo que os gobernos non deberían permitir que as empresas se acollan ós ERES xustificandose na coxuntura económica. Non é que as empresas se vexan obrigadas ó peche porque están arruinadas, moitas fano porque non acadan tantos beneficios como en época de vacas gordas. Eu aí si que considero que os gobernos deberían botarlle peito e evitar este tipo de hipocrisías empresariais.
Moitas grazas polo teu tempo.
O Sireno de Vigo 28 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 8.41
Dacordo con Quin, mais como pequeno empresario, unha suxerencia:
Hai que facilitarnos apoio ós pequenos empresarios, que xogamos en desventaxa neste sistema de capitalismo selvático e xeramos perto do 90% do emprego. Non compre moito orzamento para iso:
- Eliminar os "munxidores" e "cabildeiros" que campan polos despachos da Administración, moitos deles advogados, economistas e xestores varios que nos cobran unha barbaridade para facer os complexos e longos trámites que nos esixides dende a Administración.
- Reconvertir o IGAPE e as miríadas de organismos varios (Axencias de Desenvolvemento, etc) que para o único que serven é para incrementar burocracia e salarios.
- Facer que sexan funcionais: que en vez de soltarme listas de DOGAS e facerme perder o tempo que preciso para vender, nos tutelen o proxecto ou, de ser inadecuado nos aconsellen como reformalo.
- Por certo ¿Para que serven as Cámaras de Comercio, de obrigada afiliación?¿Que fan a parte de gastar os cartos que Facenda nos cobra por vía executiva en custosísimas viaxes de pracer a destinos exóticos para os seus directivos e amiguetes?
O Sireno de Vigo 28 de xaneiro de 2009 Votar positivo Votar negativo Karma 8.51
Por certo, coa disculpa da crise tal cal fan banca e grandes transnacionais, poderíamos aforrar custes desfacéndonos das anacrónicas deputacións provinciais dunha vez, alguns bós cartiños aforrariamos... digho eu.
Como PP e PSOE están dacordo co de regalarlle os nosos cartos á banca e transnacionais do automobil, ó mellor desta vai... eh, eh, eh...
 
ANS