Condicións de rexistro
Información xeral
QuinTV é unha web persoal propiedade do
Bloque Nacionalista Galego.
En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), fanse constar os seguintes datos:
Bloque Nacionalista Galego
Avenida Rodríguez de Viguri, 16, Baixo
15703 Santiago de Compostela, Galiza
Privacidade
O Bloque Nacionalista Galego informa de que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou por meio do correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade, de acordo co estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal. Podes exercer o dereito de acceso ao ficheiro, rectificación, oposición e cancelación dos teus datos. Para iso, podes enviar unha solicitude ao enderezo electrónico "
sedenacional@bng-galiza.org".
O BNG comprométese a utilizar de xeito responsábel e confidencial os datos, garantindo que os datos dos usuarios trataranse de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados pola organización coas finalidades de comunicación.
Asimesmo, os datos rexistrados son axeitados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito de actuación e as finalidades do BNG. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose o BNG o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuízo das accións legais que fosen pertinentes para a defensa dos lexítimos intereses do BNG.
Dereitos de autoría e propiedade intelectual
Os contidos textuais e audiovisuais publicados a través de QuinTV foron producidos e realizados por
A navalla suíza e son propiedade do Bloque Nacionalista Galego. Están suxeitos a unha licenza
Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 2.5., que permite a súa copia, distribución e creación de obra derivada, sempre que se cite a súa fonte, que non se tire un aproveitamento económico, e que se inclúa a mesma licenza no produto resultante.
Determinados contidos específicos incluídos dentro dos audiovisuais poden estar suxeitos a licenzas máis restritivas, e nese caso se sinalará especificamente.
Os comentarios engadidos polos usuarios serán da súa responsabilidade. Os usuarios, ao enviar un comentario, aceptan a licenza Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 2.5.
Os vídeos publicados polos usuarios serán da súa responsabilidade. Os usuarios, ao enviar un vídeo, aceptan a licenza Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 2.5. sobre os contidos audiovisuais.
Condicións de uso
Os usuarios da web non poden publicar contidos audiovisuais ou textuais sometidos a copyright propio ou alleo. Ao aceptaren estas condicións de uso, aceptan asemade que os seus contidos se distribuirán baixo licenza Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 2.5.
Os usuarios non poderán enviar comentarios racistas, xenófobos ou difamatorios. Estes serán borrados sen máis explicación, e a reiteración nesa actitude causará a anulación da conta. Todas as suxestións e propostas serán ben recibidas, pero o Bloque Nacionalista Galego garda para si o dereito de anular comentarios inapropiados, insultantes ou que só busquen a confrontación non democrática. Os usuarios recoñécenlle o dereito ao titular da web de escoller ou non a publicación de comentarios e de vídeos.
Despois de que un usuario rexistrado en QuinTV envíe algunha nova ou comentario a súa conta non pode ser borrada, aínda que se o desexa pode pedir por correo electrónico que os seus datos persoais sexan substituídos por uns xenéricos para borrar todo o rastro do usuario orixinal no sistema.