Licenza
Todos os textos e vídeos emitidos por QuinTV, incluídos aqueles que envían os e as usuarias, así como as músicas que os acompañan, están suxeitos a unha
licenza Creative Commons de compartir igual. Iso significa que podes:
- copialos, distribuílos e comunicalos publicamente
- e facer obras derivadas deles
Sempre que
- sinales quen é o seu autor (ou sexa, QuinTV no caso dos textos e dos vídeos e Quant e Fanny & Alexander no caso da música)
- non fagas un uso comercial da obra
- o teu produto resultante inclúa esta mesma licenza.
En caso de que algúns dos materiais cedidos para a confección dos vídeos posúa unha licenza máis restritiva, indicarase no vídeo concreto.
Licenza do software
O desenvolvemento da web fíxose empregando software libre. O código liberarase no dominio público en canto supere as fases de testaxe.