Axuda

Como podo subir un vídeo?

Se me queres dar un consello, facerme unha proposta ou preguntarme algo, grávao en vídeo. Podes facelo directamente co móbil, coa webcam ou montar o teu propio vídeo cunha cámara normal. Para que poidas aproveitar ben a web e mandar os teus vídeos, primeiro necesitas rexistrarte. Para que ninguén monopolice a conversa, haberá un límite de catro vídeos por persoa antes de que reciban resposta.

Mira aquí un video sobre como facelo:

Directamente coa webcam

Se o queres facer directamente coa webcam non necesitas nada, agás a cam. Cando esteas listo/a, preme o botón Gravar. A partir dese momento disporás de 5 minutos para dicir o que queiras. Se non queres gastar o tempo enteiro, preme Parar. Logo poderás ver o que acabas de gravar e e se non saes ben ou se non dis o que querías dicir, podes gravar de novo. Se estás contento/a co resultado pulsas Gardar e completas os datos que se che piden no formulario (título e texto).

Subindo un ficheiro


Se queres enviar un vídeo que xa teñas feito só tes que cubrir un pequeno formulario e incluír nel o título do vídeo, unha breve descrición e unhas palabras chave. Podes subir calquera arquivo de vídeo nos formatos máis comúns: .avi, .mpeg, .mp4, etc. Iso si, non poderán ser vídeos de máis de 100 Mb, que xa son grandes abondo.

Cando o vídeo se reciba correctamente, pasará a unha cola de espera e xa se poderá ver na web. Aí tamén o verei eu, e se é unha pregunta ou se a reflexión me dá pé a facelo, respondereiche con outro vídeo.

Loxicamente, os vídeos terán que ser teus. Non se poderán aceptar vídeos dos que ti non sexas o autor/a, ou dos que non teñas os dereitos de distribución e emisión. Bótalle un ollo ao apartado de licenzas.
 
ANS