FAQ
Que requirimentos mínimos son necesarios para a web?
O vlog debe funcionar para Firefox (2.0 en adiante), Internet Explorer (6.0 en adiante), Safari e Ópera. Ademais, o teu computador ten que ter Flash Player 9, que podes
descargar dende a web do desenvolvedor.
O vídeo reproducirase co software que teñas seleccionado por defecto no teu sistema operativo se tes instalados
os códecs necesarios. Recoméndoche que instales
VLC, que é un reproductor de video de código aberto, e que che valerá para reproducir directamente case todos os formatos de video coñecidos, e, por suposto, todos os de Quin.tv
Como podo subir un vídeo?
Se me queres dar un consello, facerme unha proposta ou preguntarme algo, grávao en vídeo. Podes facelo directamente co móbil, coa webcam ou montar o teu propio vídeo cunha cámara normal. Para que poidas aproveitar ben a web e mandar os teus vídeos, primeiro necesitas rexistrarte.
Despois de rexistrado/a, para
enviar vídeos só tes que cubrir un pequeno formulario e incluír nel o título do vídeo, unha breve descrición e unhas palabras chave. Cando o vídeo se reciba correctamente, pasará a unha cola de espera e xa se poderá ver na web. Aí tamén o verei eu, e se é unha pregunta ou se a reflexión me dá pé a facelo, respondereiche con outro vídeo.
Polo de agora a opción de enviar vídeos non está dispoñíbel, pero estarao ben axiña.
Que é o karma?
O karma é a confianza que a comunidade de usuarios deposita nun dos seus membros. Exprésase por un número comprendido entre -20 e 40. O karma permítelle a un usuario facer distintas operacións, como publicar comentarios, etc.
Os comentarios tamén teñen karma que é a suma do valor dos votos de todos os usuarios que os valoraron.
Como evolúe o karma?
O teu karma mellorará se votas vídeos, se publicas comentarios, se os teus comentarios son votados positivamente ou se envías vídeos (cando esta utilidade estea dispoñíbel). Se nalgún momento chegas a ter karma negativo, ademais, irá mellorando paseniño ata chegar a 0.
Pola contra, o teu karma irá baixando se os teus comentarios son votados negativamente, ou se deixas de ter actividade no vlog.
É dicir, o teu karma dependerá unicamente das túas accións e do que os demais opinan sobre os teus comentarios. Nin Anxo Quintana nin o BNG teñen nada que ver co teu karma, ;)
Por que non podo facer comentarios?
Seguramente non podes comentar porque tes un karma entre -20 e 0, ou sexa: negativo. Se tes un karma entre 0 e 20, podes facer comentarios, pero estes non se publicarán automaticamente, e serán moderados de forma externa. Se tes un karma maior ca 20, os teus comentarios publicaranse de xeito inmediato.
Por que aparecen comentarios ocultos?
Aqueles comentarios que recibiron moitos votos contrarios dos demais usuarios mostraranse ocultos e para velos terás que facer clic no enlace que aparece no seu lugar.
Por que non podo saír do modo pantalla completa coa tecla ESC?
Se es un usuario de Windows, proba a usar Alt+ESC
Que é a alta definición (HD)?
Os vídeos en alta definición melloran a calidade de visión, con resultados superiores aos que alcanza a televisión convencional. Pero por esa razón, tamén consomen máis recursos da túa conexión.

Os vídeos en calidade normal están comprimidos en formato .flv a un tamaño de 640x360p e a 700Kbps ou sexa que para ver cada segundo tes que baixar 87'5 Kb da rede.
Os videos en HD están comprimidos en formato mpeg-4 co codec H.264 a un tamaño de 1280x720p e a unha tasa de 1500Kbps, de xeito que para ver cada segundo tes que baixar 187'5 Kb da rede. Dito doutra forma, se coa túa conexión a internet non es quen de baixar cousas a máis de 187'5 KB/s é probable que o vídeo pare nalgún momento para seguir descargando. Por iso, se tes unha conexión lenta é mellor que uses a calidade normal, e non a alta definición.